Estes son os 25 Soletes da Guía Repsol que podes descubrir en Semana Santa

Aquí tes unha lista de bares e restaurantes galegos elixidos por un grupo de expertos, aptos para todos os petos

Restaurante con vistas. Crédito: Guía Repsol

Falta moi pouco para Semana Santa e moitas persoas están planificando os festivos. Os ‘chiringuitos‘, as terrazas, a gastronomía en xeral, serán os grandes protagonistas e un dos maiores acicates á hora de desprazarse ou botar o día nun lugar; tampouco fai falta que viaxes, probablemente na túa cidade ou municipio máis próximo haxa un bar que aínda descoñeces. Se aínda estás pensando que facer ou en que restaurantes podes reservar, Guía Repsol elaborou unha lista de 25 Soletes en Galicia, entre eles bares de “toda a vida”, onde podes vivir grandes experiencias e que recomendarías a calquera. E ademais, disponibles para todos os petos.

Un grupo de expertos viaxou a Galicia para elixir eses restaurantes, bares, cafeterías e fast food. En total, o noso país suma xa un total de 210 Soletes. “Que gusto procura chegar a un destino e saber que hai un bar auténtico ou unha casa de comidas de toda a vida na que vas estar de marabilla, cun ticket asequible e produtos locais que te sitúan no territorio e que falan das súas raíces e a súa cultura. Os Soletes son eses lugares que soñamos encontrar cando emprendemos unha viaxe, xa sexa para pasar o día ou para recorrer unha comarca. Reflicten a implantación que ten a cociña en España, porque chegan a calquera recuncho, e as ganas de desfrutar que temos todos”, conta María Ritter, directora da Guía Repsol.

Taberna Sargadelos en Cervo.

Na provincia da Coruña poderás coñecer oito Soletes: Exprés (Curtis), A Taberna do Bico (Camariñas), O Fontán (Ponteceso), Casa Becerra (Cambre), Panadería Germán (Fisterra), A de Rosa (A Pobra do Caramiñal), Casa Celia (Cambre) e O Chinto (Porto do Son). En Lugo foron elixidos Casa Fanego (Lugo), Hotel Piornedo (Cervantes), Pizzería Rozas (Cospeito), Taberna Sargadelos (Cervo), D’Gusta Bakery&Café (Portomarín) e Parrillada O Recuncho (Sarria).

Continúa Ourense con O Rogueiro da Cova (Verín), La Galleguita (O Pereiro de Aguiar) e A Cova da Xabreira (Larouco). En Pontevedra, que xunto con Coruña son as provincias que máis Soletes recibiron, poderás elixir entre oito establecementos: Pan de Soutelo, (Forcarei), Mesón Casa Inés (O Porriño), Tio Benito (Ribadumia), Simoneta&Co (Mondariz-Balneario), Na Morada Das Parras (Nigrán), Casa Zulema (Sanxenxo), O Rizón (Baiona) e A Centoleira (Bueu).

Con este novo listado denominado ‘Soletes para perderse’ póñense en valor as casas de comidas con guisos tradicionais, os establecementos máxicos e con grandes vistas, algúns con mesturas tan interesantes como a cociña italiana e produto galego. Guía Repsol explica que estes lugares “asequibles” axudan a comprender mellor o noso territorio, unha homenaxe ás cociñas e barras onde se fai o mesmo dende hai anos. “Así, entre sabores de sempre e achamentos interesantes, cada viaxeiro pode crear o seu propio roteiro con total liberdade“, alegan. “Zonas onde as cociñas seguen as receitas de sempre sen darlle maior importancia, as conversacións entre os comensais levan un ritmo máis tranquilo e os paseos antes ou despois da comida só poden mellorar a experiencia”.

Omakase da Coruña e Terra de Fisterra, os novos Soles de Repsol galegos

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *