Omakase da Coruña e Terra de Fisterra, os novos Soles de Repsol galegos

O Camiño do Inglés en Ferrol e O Pazo en Padrón reciben o seu segundo recoñecemento

Adrían Figueroa, de Omakase. Foto: Repsol

Os Soles da Guía Repsol son un dos recoñecementos máis prestixiosos no mundo da gastronomía. Este ano as distincións foron para o restaurante Omakase, localizado na praza María Pita da Coruña, e Terra, un local en Fisterra no Paseo Ribeira. Reciben o seu segundo galardón O Camiño do Inglés, en Ferrol, e O Pazo, en Padrón, o que os consolida como uns dos mellores restaurantes da península.

Omakase, unha palabra xaponesa que significa “elección do chef”, é un establemento que ten un único menú pechado. É unha barra limitada a só oito comensais e baséase en preparacións sinxelas, un sushi “purista” e sushi edomae, explican dende Repsol. O sushiman Adrían Figueroa emprega principalmente produtos galegos e, segundo indica a compañía, “non convén perderse as suxerencias extras de cada día e a notable bodega que reúne dous centenares de referencias”.

Brais Pichel de Terra

Brais Pichel de Terra. Foto: Repsol

Brais Pichel transformou o negocio familiar nun restaurante de cociña contemporánea do país e fundou Terra xunto a Nacho Manzano, de Casa Marcial, e Álvaro Garrido, de Mina. Está diante da praia de Ribeira e Repsol comunica que “elabora intensos fondos como fío conductor dunha proposta que só desfruta unha quincena de comensais en cada servizo”, saltándose parte dos “mil sabrosos tópicos relativos ao tratamento de peixe e mariscos da Costa da Morte“. Todo isto, con “atinados tempos de execución”.

O Camiño do Inglés volve colocar a Ferrol como una cidade de gran calidade gastronómica grazas ao traballo de Dani López, o seu cociñero, que recolleu o premio este luns na gala que tivo lugar en Alicante. O establecemento destaca polo emprego de produtos locais e a aposta pola cociña contemporanéa galega e a elaboración con receitas doutros países: a mestura dá algo tan orixinal como o kebap de pulpo.

Dani López de O Camiño do Inglés. Foto: Repsol

A Guía Repsol define ao Pazo como o “templo galego da Brasa”. Os irmáns Manuel e Óscar Vidal son os que dirixen este establecemento, que aposta por un menú-degustación de 14 pratos e basea a súa oferta na calidade do produto, coa chuleta como o “prato forte”, ademais de verduras propias de Padrón, peixes e mariscos das Rías Baixas e tamén das lonxas de Ribeira, Rianxo e A Pobra do Caramiñal. En total, Galicia xa suma un total de 34 restaurantes galardoados, dous con tres Soles, 14 con dous e 18 cun Sol.

Óscar e Manuel Vidal, de Pazo. Foto: Repsol

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *