Estes son os 47 “soletes de confianza” da Guía Repsol en Galicia

Os mellores cociñeiros recomendan medio centenar de locais dos que 14 xa estaban recoñecidos e 33 son novas incorporacións

En _A Casa Pequena_, o furancho que frecuenta Pepe Solla, só serven o viño que fan eles mesmos e conta cunha terraza perfecta para as noites galegas. Foto: Adrián Baúlde/Guía Repsol

A onde van os mellores cociñeiros cando non traballan? A Guía Repsol vén de revelar os novos “soletes de confianza”, é dicir, os establecementos informais, familiares e alcanzables que son a aposta segura dos mellores profesionais da cociña. Nesta convocatoria destacan 47 locais galegos, dos que 14 xa estaban recoñecidos en anteriores edicións e dos que 33 son novas incorporacións. En total. Galicia conta con 271 Soletes.

Os “soletes de confianza” déronse a coñecer este mércores nun acto celebrado en Lorca (Murcia). Participaron 125 cociñeiros distinguidos pola Guía Repsol que seleccionaron 750 establecementos de toda España, dos que o 6% están en Galicia. Destacan todo tipo de locais postos en valor pola famosa listaxe, dende terrazas, chiringuitos, cafeterías, barras, casas de comidas, pastelarías, xeadarías, vinotecas e coctelerías.

Da man dos “mellores embaixadores posibles”, Guía Repsol responde á inquietude por darlle visibilidade a todos os territorios, tamén os que non adoitan aparecer nas guías gastronómicas. “Eles coñecen mellor ca ninguén o espírito dos soletes, porque os frecuentan con amigos, con familia ou co seu equipo e tiveron a xenerosidade de compartilos. É unha guía estupenda para as vacacións, xusto agora que tantos viaxamos e estamos a desexar saber onde comer ou tomar un xeado”, sinala María Ritter, directora da Guía Repsol.

A propia guía tamén conta cunha aplicación que xeolocaliza 4.000 establecementos con solete. Pódese filtrar os puntos de maior interese e os restaurantes máis apetecibles durante o camiño, incluso escoller segundo teñen un, dous o tres Soles. “Un local para cada lugar e momento da túa viaxe”, din dende a Guía Repsol. Na sección de “Descubrir” da aplicación tamén recomendan hoteis con encanto, museos, roteiros sendeiristas e recunchos agochados para facer un alto no camiño.

Os establecementos galegos recoñecidos son os seguintes:

  • A Coruña: “Puñal” e “Mori Cafés Especiais”, en Santiago de Compostela; “Bar do Porto”, en Ribeira; “Casa Peto”, “Taberna de Suárez” e “O Container”, en Outes; “La Duna” e “Chycoria”, en Arteixo; “Dandy”, en Noia; “Casa Tomé”, en Coirós; “Carrilo” e “Areas Pub”, en Muros; “A Ventana”, en Laxe y “A Filoxera”, en Padrón.
  • Lugo: “Playa Fluvial de A Cova Restaurante&Ocio”, “Santeiro’s”, “Rabuda Tosar Restaurante”, “People”, “La Postrería de Noé” e “Hope”, na cidade de Lugo.
  • Ourense: “O Campanario”, en Nogueira de Ramuín; “Fuentefría”, “La zapatería del abuelo”, “La Estación de Lomán”, “Portovello”, “Puerta Real”, “O Moucho”, “O Barallete”, “Mur Marxinal”, “Casa Toñita”, “Bico do Xeado” e “A Tarazana”, en Ourense.
  • Pontevedra: “Castiñeiras”, en Cangas; “El Náutico de San Vicente”, “O Muiño” e “O Forno de Piñeiro”, en O Grove; “Argentinos Burguer”, en A Estrada; “Michael” e “A Curva”, en Sanxenxo; “Vitter”, “Toxiño”, “Rabuda”, “La Vela”, “La Martinesa”, “La Artesata” e “Fabbrica del Gelato Vigo”, en Vigo, e “A Casa Pequena”, en Meaño.

    *As novas incorporacións están marcadas en cor laranxa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *