Para todos aqueles amantes dos animais e dos bares, unha das grandes cuestións é saber se poderemos entrar acompañados das nosas mascotas nesa cafetería ou restaurante. Repsol vén de responder a esta pregunta co lanzamento dos Soletes amigables cos animais, que actualiza a súa guía cunha selección de case 300 opcións para desfrutar dese café, comida ou bebida xunto aos nosos compañeiros de catro patas.
20 deles están en Galicia. As provincias da Coruña e Pontevedra concentran a meirande parte dos seleccionados, sendo Santiago de Compostela a localidade con máis. Na capital galega, os locais recomendados para ir con mascota son Casa Ramos, Adèlia Café, A Porta Verde e A Café. De feito, este último é un dos destacados Soletes a nivel estatal, pola súa oferta de cafés de especialidade, sándwichs e bolos ás portas da Praza de Abastos.
Na cidade da Coruña atopámonos outras dúas recomendacións. Trátase de Marc de Café, na avenida de Montserrat, e Miss Maruja, situado en Zalaeta. Completa as recomendacións da provincia coruñesa o Lusitania, na rúa Real de Ferrol.
En Lugo, as dúas opcións incluidas nos novos Soletes da guía Repsol atópase nunha e outra punta da provincia. Son Manix, no concello de Chantada, e CoffeeURBANroasters, da localidade mariñana de Foz. Pola súa parte, o Lima Café e o Lola Limón son as dúas sinaladas na provincia de Ourense, ambas situadas no centro da capital.
En Pontevedra, a cidade de Vigo conta con dous locais con Los dulces de Albita e Tintico, mentres que en Pontevedra hai tres co Perbacoo!, Café Singular e Brunch Limón. Pechan a lista de seleccións o Diurno de Vilargacia e o Cafuné do Grove.
Deixa unha resposta