Así son as cestas de Nadal de Carabuñas: o regalo artesanal máis galego

A empresa de Vilar de Santos apoia a pequenos produtores locais con paquetes que priman a calidade sobre a cantidade

Turrón, queixo, licor, marmeladas e bombóns son algunhas das propostas incluídas nas cestas de Nadal de Carabuñas.

CONTIDO PATROCINADO

As consecuencias derivadas da pandemia da Covid-19, con medidas que afectan á mobilidade das persoas, están a provocar que o cliente sexa cada vez máis consciente da importancia do produto de proximidade. E agora que se achega o Nadal, tempo de festa e agasallos, ábrese unha boa oportunidade para apoiar os produtos de gran calidade confeccionados por pequenos artesáns galegos, produtores que priman a calidade sobre a cantidade.

Esta idea baseada no apoio aos pequenos proxectos que traballan e invisten os seus recursos en Galicia é a que levou á marca Carabuñas, radicada en Vilar de Santos (Ourense), a crear varias cestas de Nadal nas que os sabores dos seus produtos a base de sabugueiro harmonizan con outras delicatessen galegas. “Aquí en Galicia hai produtos de gran calidade e temos que reivindicalo”, asegura un dos responsables da marca ourensá, Nelson Alonso.

Dentro do seu proxecto de aproveitamento e valorización do sabugueiro, Carabuñas creara en anos anteriores una serie de lotes compostos fundamentalmente polos seus propios produtos, entre os que destacan as marmeladas e o licor. Como novidade, este ano propón unha maridaxe máis ampla, incluíndo novos sabores procedentes doutros pequenos produtores galegos.

Así comezou un proceso de procura das combinacións perfectas para este Nadal. Unha viaxe sensorial que foi identificando algúns tipos de queixos, galletas, turrón e mesmo o viño como os mellores acompañantes para os produtos elaborados a partir do sabugueiro, pero que tamén puxo de manifesto a boa harmonía con algunhas opcións veganas.

Produtos artesáns e saudables para todo tipo de padais

O proceso de procura de combinacións entre os produtos que a marca ourensá confecciona a partir das diversas partes do sabugueiro e outras delicatessen de elaboración artesanal concluíu coa creación de catro tipos de cestas. Variedade para satisfacer, e incluso sorprender, a todo tipo de padais e opcións de alimentación, incluíndo a vegana.

A Caixa de Nadal galega reúne o licor e as tres marmeladas ecolóxicas de Carabuñas (coas variedades sabugueiro, sabugueiro e laranxa e sabugueiro e mazá) xunto co queixo “xiros” da marca BisQato. As galletas de castaña Petelo e o turrón de chocolate e améndoas elaborado por Antoxo completan esta proposta que mestura doce e salgado.

Pola súa banda, a Cesta de Produtos Galegos aposta por unha combinación máis ampla. Componse das tres marmeladas, os bombóns e o licor feitos con sabugueiro xunto cos queixos de BisQato e Airas Moniz, o turrón Antoxo e dous tipos distintos de galletas: as de castaña de Petelo e as de abelá e chocolate de Maruxío. A presentación tamén inclúe unha botella de viño Señor Cuco, da DO Rías Baixas, subzona do Condado.

Eva e Nelson, de Carabuñas.

A terceira das propostas ofrece unha maridaxe entre elaborados producidos por Carabuñas e o queixo azul. Trátase do Maletín Degustación composto por xelea de flor de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e laranxa, licor de sabugueiro e queixo “savel” de Airas Moniz. O conxunto complétase coas as galletas de castaña da marca Petelo e bombóns de praliné recheos de licor de sabugueiro.

Finalmente, a Cesta Vegana Gourmet reúne produtos delicatessen veganos e ecolóxicos. Inclúe o chourizo de cabaza da marca Calabizo e unha variedade de produtos de Carabuñas composta pola infusión de bagas de sabugueiro deshidratadas, marmelada, xelea de flor de sabugueiro e dous tipos de cervexa elaborados con distintas partes do sabugueiro: un coa flor e outro a partir da baga.

“Hai unha tendencia de apostar polo local, nótase un cambio na forma de consumir”, asegura Nelson Alonso

Estas cestas supoñen un compromiso co produto artesanal de calidade e, ao mesmo tempo, son unha aposta pola comercialización online de queixos galegos de dúas marcas referentes como son BisQato e Airas Moniz.

Un ano para apostar polos produtos de proximidade

Este 2020 a campaña de Nadal será, sen dúbida, diferente a anos anteriores debido aos efectos da pandemia da Covid-19. Ante a imposibilidade de organizar grandes ceas de Nadal e outros actos sociais para celebrar as festas, o agasallo de cestas de produtos da terra pode converterse nunha alternativa a ter en conta en substitución dese tipo de celebracións. De feito, en Carabuñas xa están a recibir consultas nese sentido.

A través do comercio electrónico, neste caso na propia web de Carabuñas, tanto particulares como empresas poden adquirir os diferentes packs. As adquisicións poden facerse como agasallo a terceiros, é dicir, existe a opción comprar a cesta e enviala directamente ao destinatario que o comprador queira.

Nelson Alonso amósase convencido de que existe un mercado para o produto artesanal de proximidade. “Hai unha tendencia de apostar polo local que está aí. Desde hai algún tempo nótase un cambio na forma de consumir”, asegura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *