Os cociñeiros do grupo Nove adicaron estes últimos meses, entre outras cousas, a realizar reunións virtuais e postas en común para enfocar a reapertura coa máxima seguridade para os clientes e para os seus negocios. Teñen todos o mesmo obxectivo, abrir os seus establecementos reforzando a seguridade e as medidas de hixiene, formar aos seus equipos e adaptar os seus establecementos, a súa cociña ou os seus proxectos ás necesidades dos clientes e as novas circunstancias.
Para algúns o momento clave comeza xa nesta fase 2, na que abrirán os seus negocios. É o caso de Héctor López (España), Roberto Filgueira (O Balado), Iván Domínguez (NaDo) e Álvaro Villasante (Paprica), que abrirán o seu único restaurante nas próximas dúas semanas. Así o farán tamén con parte dos seus restaurantes Caco Agrasar (Salitre), Pepe Vieira (Ultramar) e Lucía Freitas (Lume), deixando a apertura de As Garzas, Pepe Vieira e A Tafona, respectivamente para máis adiante.
Os restauradores adicaron os últimos meses a planificar a reapertura coa máxima seguridade
NaDo, o proxecto de Iván Domínguez, terá un novo irmán, a submarca #XeitoNado, onde terán cabida desde o servizo take away ata outras novas ideas coma cursos de cociña. Tanto Lucía Freitas como Caco Agrasar continuarán cos seus servizos de delivery no caso de Freitas en Lume e de take away no que respecta a Salitre, propiedade de Agrasar.
Algúns como Rafa Centeno visualizan a apertura cara finais de xuño, mentres lle da unha volta ao concepto do seu restaurante Maruja Limón para adaptalo ao verán e as novas circunstancias. Pepe Solla, mentres, traballa cara a próxima apertura o 16 de xuño de La Radio, e ten plantexado un servizo de terraza con pratos específicos e comezar con delivery.
Javier Olleros non descarta poder ofrecer servizos adicionais como o take away, a venta de produtos ou cociñar nas casas dos clientes mentres non abre o seu Culler de Pau. De momento xa ten cubertas as prazas para varios cursos de cociña online. Daniel López tamén comezou xa co seu novo proxecto Crossover na casa, un servizo de take away no que mestura pratos de O Camiño do Inglés con pratos do Josefa´s Bar.
Juan Crujeiras (Bido), Manuel Costiña (Retiro da Costiña), Daniel Guzmán e Julio Sotomayor (Nova), Alberto G. Prelcic (Silabario), Iñaki Bretal (Eirado da Leña), Yayo Daporta (Yayo Daporta) e María Varela (A Parada das Bestas) tamén pospoñen a apertura dos seus negocios, e aproveitan para mentres facer cambios nos seus establecementos e na súa oferta gastronómica.
Cada un ao seu tempo, os cociñeiros do grupo Nove voltan as súas casas con moitas ganas de seguir ofrecendo o mellor servizo aos seus clientes e de seguir desfrutando do que mellor se lles da, transmitir todo o que levan dentro a través da súa cociña.
Así é a desescalada na alta cociña:
Caco Agrasar
As Garzas – Malpica
Salitre – A Coruña
Apertura de Salitre o 29 de maio continuando co servizo de take away e engaden o servizo de cociñar na casa do cliente.
A apertura de As Garzas aínda non está decidida, probablemente cara finais de xuño.
Héctor López
España – Lugo
Apertura o 27 de maio.
Roberto Filgueira
O Balado – Boqueixón
Apertura o 28 de maio solo servizo de mediodía ata o 30 de xuño.
Pepe Vieira
Pepe vieira – Poio
Ultramar – Pontevedra
Apertura do Ultramar de interior e terraza o 28 de maio.
Apertura de Pepe Vieira o 9 de xuño.
Lucía Freitas
Lume – Santiago de Compostela
A Tafona – Santiago de Compostela
Apertura de Lume o 1 de xuño ofrecendo a miores servizo delivery e servizo de terraza.
Apertura de A Tafona o 1 de xullo co mesmo concepto.
Iván Domínguez
NaDo – A Coruña
Apertura de Nado o día 3 de xuño co mesmo concepto e servizo de terraza, máis a creación da submarca #XeitoNado, a través da cal ofrecerán servizo take away e outros servizos como cursos de cociña.
Álvaro Villasante
Paprica – Lugo
Apertura o 8 de xuño de terraza e sala.
Ofrecen bonos promocionais disponibles na web do restaurante ata o día da apertura.
Pepe Solla
La Radio – Santiago de Compostela
Casa Solla – Poio
Apertura de La Radio o 16 de xuño ofrecendo a maiores o servizo de delivery e servizo en terraza con pratos específicos.
Apertura de Casa Solla mantendo o mesmo concepto o 24 de xuño.
Rafa Centeno
Maruja Limón – Vigo
Aínda non ten decidida a data de apertura, será probablemente cara finais de xuño e sorprenderá cun cambio de concepto adaptado ao verán e á nova situación.
Javier Olleros
Culler de Pau – O Grove
Aínda non ten decidida a data exacta de apertura pero será entre o 1 e o 15 de xuño.
Abrirá co mesmo concepto pero cunha nova proposta na cal o aproveitamento de recursos tome máis protagonismo tirando aínda máis cara o ecolóxico e a saúde.
Teñen xa pechados varios cursos online e contemplan tamén varias opcións como desitnar certos produtos a servizo de Take Away, a posibilidade de cociñar nas casas ou colaboracións con produtores para vender certos produtos.
Yayo Daporta
Yayo Daporta – Cambados
Aínda non ten decidida data de apertura, estima que a semana do 15.
Alberto G. Prelcic
Silabario – Vigo
Aínda non ten data de apertura, pero como moi cedo a mediados de xuño.
Juan Crujeiras
Bido – A Coruña
Contempla a apertura cara finais de xuño. Mentres aproveita para facer melloras no establecemento e na oferta gastronómica.
María Varela
A Parada das Bestas – Palas de Reis
Apertura a finais de xuño.
Están refacendo a piscina e as terrazas.
Daniel Guzmán e Julio Sotomayor
Nova – Ourense
Apertura o 1 de xullo.
Manuel Costiña
Retiro da Costiña – Santa Comba
Apertura o 1 de xullo, mentres realizando cursos de formación e preparando pratos novos.
Miguel A. Campos
A Gabeira – Ferrol
Aínda non ten decidida a data de apertura, probablemente o 1 de xullo.
Daniel López
O Camiño do Inglés – Ferrol
Josefa´s Bar – Ferrol
Aínda non ten decidida a data de apertura de O Camiño do Inglés nin do Josefa´s Bar.
Mentres, fai servizo de take away so as findes de semana cunha nova marca, “Crossover na casa” que mestura pratos de O Camiño do Inglés e pratos do Josefa´s Bar.
Iñaki Bretal
Eirado da Leña – Pontevedra
Loaira – Pontevedra
Aínda non ten decidida data de apertura.
Deixa unha resposta