Sopapos, lambadas e hostias. O dicionario está cheo de palabras nas que os alimentos comulgan cos sopramocos. Ata o punto de que é unha tradición que a maior parte dos termos que definen un golpe están relacionados coa comida.
Na nosa lingua, lambada é unha contusión na cara coa man aberta. Pero tamén é unha lamberetada.
Unha hostia é “Peza de pequeno tamaño, fina e redonda, feita de pan sen fermento, que o sacerdote consagra na misa, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo”. Pero, dun xeito vulgar, tamén é un golpe dado coa man ou “un choque brusco entre dous corpos”.
Aínda que se usa, a palabra ‘torta’ non está recoñecida pola RAG como sinónimo dunha labazada. Porque é “un pan de forma redonda e moi aplanada, de masa compacta, e case sen miolo”, ademais de ser a persoa “que non ve dun ollo”.
En cambio si se pode dicir sopapo, cuxa etimoloxía vén do latín de so (sub- debaixo de) e papo (papada), que serve tamén de base para a palabra papa: “Alimento que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en auga ou leite”.
En galego podemos comernos unha galleta, un doce que en Portugal chaman bolacha. Porque, para os nosos prezados veciños, galheta significa “Pancada dada geralmente na face coa mao aberta. Ex. Olha, que levas uma galheta, pá”.
Algúns estudosos relacionan estas palabras co feito de que as labazadas danse na boca, o lugar por onde entran os alimentos e onde se reciben as zafranadas.
Por exemplo, en castelán, a palabra ‘bofetada’ provén do anglicismo ‘buffet’. A broma doada sería lembrar que, nas comidas con autoservizo en moitos hoteis, ás veces hai moufadas por servirse as mellores viandas.
En galego, temos varias palabras para referirnos ao que moi vulgarmente chámase unha ‘hostia’. Velaquí, as que recolle o Dicionario da Real Academia Galega:
Deixa unha resposta