Un total de oito restaurantes galegos incorpóranse este ano á lista de Soles Repsol. En concreto, trátase de As Garzas e Casa Marcelo, con dous Soles cada un, ademáis de Auga e Sal, Nado, O Balado e O Camiño do Inglés, todos eles na provincia da Coruña. O resto de establecementos recoñecidos son Miguel González en Ourense e Loxe Mareiro en Pontevedra.
Guía Repsol distinguiu este ano a un total de 96 restaurantes, tres deles con Tres Soles, 11 con Dous Soles e 82 que se estrean con Un Sol. Todos eles destacan pola súa capacidade para adaptarse con axilidade a un escenario cambiante e especialmente neste contexto de pandemia, que no que algúns se atreveron a arrincar novos proxectos.
A selección realizouse a través do traballo de 53 inspectores de Guía Repsol, que conseguiron realizar todas as visitas previstas no territorio nacional a pesar das extraordinarias condicións vividas durante o 2020. A entrega de premios organizouse da man do departamento de Turismo, Comercio e Consumo do Gobierno Vasco, nun acto celebrado no Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián.
No acto interviñeron o conselleiro de Turismo, Comercio e Consumo do Gobierno Vasco, Javier Hurtado, e a directora de Guía Repsol, María Ritter. “Este é o ano dos valentes. Porque soubestes empezar de novo, abrir as portas con ilusión, sacar a sala á rúa e sorrir cos ollos aos clientes que buscaban consolo. Ata se inauguraron proxectos estimulantes”, concluíu
Deixa unha resposta