A venda directa ao consumidor evita intermediarios e aumenta a posibilidade de que os agricultores traballen nese valor engadido dos produtos da horta. Xa era un fenómeno en auxe antes da Covid-19, tamén para os gandeiros, pero desde a declaración da pandemia, e co estado de alarma que establece o confinamento da poboación, esta clase de servicios cobraron especial relevancia.
Coa compra online e a distribución a domicilio, amplíase a estreita marxe dos produtores, que moitas veces deriva en perdas. Ademais de producir, víronse na obriga de conseguir unha loxística para facer posible esta modalidade de venda e conseguir uns ingresos que permitan sacar adiante as súas explotacións.
Base da cadea alimentaria, a actividade de agricultores e gandeiros queda garantida durante a vixencia do Real Decreto de estado de alarma, sempre e cando se respecten as medidas impostas para impedir o avance da Covid-19.
A guía inclúe tamén produtos de empresas transformadoras e comercilizadoras como conservas ou viño
Moitos dos operadores ecolóxicos certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) manteñen o servizo de venda directa ao consumidor por e-mail ou teléfono, e levan o pedido ata o domicilio do particular. O consello ten publicado unha guía na que é posible atopar opcións dispoñibles para mercar alimentos con selo sen saír da casa.
“Á vista deste escenario tan complexo, no Craega pareceunos conveniente activar unha plataforma na web para poñer en contacto aos nosos operadores co consumidor final”, explica o presidente do consello, Francisco López Valladares.
A Xunta prohibiu o pasado 24 de marzo os mercados tradicionais que periodicamente se celebran en concellos de toda Galicia, xa reabertos, aínda que con protocolos especiais. Con esa suspensión, a venda directa de produtos agrogandeiros sufriu un importante revés. “Son moitos os operadores certificados que recorren a estas canles curtas para comercializar os seus produtos. De aí que, xa desde ese primeiro momento, optaramos por poñer en marcha unha guía online que lles servira de soporte a todos eles para seguir adiante coa súa actividade”, recalca López Valladares.
A plataforma actualízase diariamente para recoller as novas incorporacións que chegan ao consello
Aínda que nun primeiro momento a guía estaba dirixida unicamente a produtores, pouco a pouco fóronse sumando empresas transformadoras e comercializadoras que tamén prestan servizo a domicilio. Desde xeito, ademais de hortalizas, froitas, carne (de vacún e de polo), ovos, algas ou infusións, na plataforma tamén é posible mercar conservas ou viño. A plataforma actualízase diariamente para recoller as novas incorporacións que chegan ao consello.
“Para nós, o importante é que os consumidores teñan ao seu alcance a mellor alimentación posible, tanto os que están a traballar para facer fronte a esta pandemia, como os que permanecen confinados para evitar máis contaxios. Agora máis que nunca, é primordial garantir o acceso aos produtos de proximidade, ecolóxicos e saudables”, insiste López Valladares.
Á marxe da plataforma de venda online de produto ecolóxico, o Craega colabora coa Consellería do Medio Rural en Mercaproximidade, unha iniciativa que nace para achegar a produción de agricultores, gandeiros e industrias á gran distribución. O proxecto impulsado tamén durante estado de alarma está a suscitar gran interese entre os operadores certificados e, polo momento, xa remitiron a súa solicitude 13 inscritos.
Lista completa:
O directorio de Craega está en constante actualización. Na actualidade están inscritos os seguintes 46 produtores:
LUCÍA GÓMEZ FARIÑA – REBULIDOIRO GRANXA ECO
Área xeográfica: Silleda (Pontevedra), Compostela e Teo (A Coruña).
Produtos: verza, col, cabaza, remolacha, allo porro, cebola tenra, acelga, etc.
Web: https://www.facebook.com/rebulidoirogranxa/
Pedidos: rebulidoiro@gmail.com | 688428670
Mª JOSÉ TALLÓN GARCÍA – TRASDEZA NATUR
Área xeográfica: Silleda (Pontevedra).
Produtos: cultivos de horta variados, segundo a tempada.
Web: https://www.trasdezanatur.com
Pedidos: formulario web | 648168786
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: aguacate e zume de mazá (a partir de setembro, dispón de mazá eco galega).
Web: http://www.vivazplant.com
Pedidos: info@vivazplant.com | 687654844
JOSÉ FEIJÓO GAGO – PECADO DE OUTONO
Área xeográfica: España.
Produtos: castaña en diversos formatos (deshidratada, picón e fariña).
Web: https://www.pecadodeoutono.es
Pedidos: pecadodeoutono@hotmail.es | 659499570
ANA ISABEL MARTÍNEZ CANCIO – A HORTA DA SANCOVEIGA
Área xeográfica: Vilalba (Lugo) e outros.
Produtos: hortalizas, polos e ovos.
Web: http://www.ahortadasancoveiga.com
Pedidos: ana_llalba@hotmail.com | 695914455 (WhatsApp o SMS).
Área xeográfica: Compostela e comarca.
Produtos: patacas, millo, trigo e chícharos.
Pedidos: pedido@dopais.com | 685855063
Área xeográfica: España peninsular.
Produtos: augardente e licores ecolóxicos.
Web: https://www.alicorniolicores.com
Pedidos: info@alicorniolicores.com | 615990386
Área xeográfica: Oza-Cesuras.
Produtos: hortalizas de tempada.
Web: https://www.facebook.com/labrecoss
Pedidos: labrecos@gmail.com | 696541247
Outros datos: entregas individuais por mensaxería e conxuntas para os grupos da bisbarra de Betanzos e arredores, sempre gardando as medidas de seguridade.
Área xeográfica: Lugo, Cospeito, Guitiriz, Begonte, Vilalba, Rábade, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
Produtos: hortalizas de tempada e plantón.
Web: https://www.facebook.com/cortinhadabouza
Pedidos: cortinhadabouza@gmail.com | 659566764
JOSÉ LUIS CARREIRA BRUZOS – ESENCIA DA TERRA
Área xeográfica: Melide, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, A Golada, Lalín, Arzúa e Arca (O Pino).
Produtos: hortalizas variadas de tempada.
Pedidos: 676017652
Área xeográfica: comarca de Betanzos, A Coruña e Santiago.
Produtos: ovos ecolóxicos de Mos, verduras e hortalizas frescas.
Web: https://xn--raia-iqa.org/
Pedidos: asociacionraina@gmail.com | 693747500
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: bebidas saudables e ecolóxicas elaboradas con tés e infusións. Tés e infusións bio en folla solta.
Pedidos: hola@tesbilurico.es | 691057422
Área xeográfica: España e Portugal (só territorio peninsular).
Produtos: conservas de bonito do norte e cabala en aceite de oliva extra ecolóxico.
Pedidos: tromero@pescadosruben.com | 630900154
ORBALLO INNOVACIONES FORESTALES
Área xeográfica: toda España.
Produtos: infusións, especias e aromáticas.
Web: https://orballo.eu/
Pedidos: info@orballo.eu | 684302614
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: infusións, especias e grelo deshidratado.
Pedidos: milhulloa@hotmail.com | 646569126
JOSÉ BENITO RODRÍGUEZ – MEL MONTES DO XURÉS
Área xeográfica: toda a Península e Baleares.
Produtos: mel ecolóxico de Galicia.
Web: https://www.mielmontesdoxures.com
Pedidos: melmontesdoxures@gmail.com | 606819834
Outros: entrega en persoa de pedidos en Lobios e Ourense. Noutras zonas, servizo a domicilio en 48 horas.
Área xeográfica: toda España.
Produtos: alga wakame, leituga de mar, spaghetti de mar, kombu e codium. Produto dispoñible en fresco, conxelado e en salazón.
Pedidos: info@capitanalga.es – logistica@capitanalga.es | 606130045 – 986630577
Área xeográfica: comarca das Mariñas coruñesas.
Produtos: verduras de tempada, patacas, trigo, centeo, carne de vacún e de porco, polos e ovos.
Web: https://www.facebook.com/GranxasdeLousada
Pedidos: sboados@gmail.com | 657103468
MEILIDE 16, SL – EL CALABACÍN ROJO
Área xeográfica: toda Galicia.
Produtos: leituga, pataca, porro, cebola e mézclum.
Web: https://elcalabacinrojo.es
Pedidos: pedidos@elcalabacinrojo.es | 629332571
MÓNICA MALVAR RODRÍGUEZ – SEITURA
Área xeográfica: comarca de Betanzos e A Coruña cidade. Consultar entrega noutros puntos.
Produtos: hortalizas e froitas de tempada.
Web: http://www.seitura.net/tenda
Pedidos: seitura.agricultura.ecoloxica@gmail.com | 616639439
Outros: entrega de pedidos cada venres, previa solicitude a través da páxina web. O servizo a domicilio funciona unicamente durante a corentena. Só se admite pago con tarxeta.
Área xeográfica: provincia de Pontevedra e Compostela.
Produtos: viño ecolóxico.
Web: https://www.facebook.com/productodealdea/
Pedidos: gil@productodealdea.com | 630813451
Área xeográfica: comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal.
Produtos: canal (enteiro ou metade) de tenreira ecolóxica.
Pedidos: vlopezrico83@gmail.com | 659403522
Área xeográfica: Trasalba (Amoeiro).
Produtos: hortalizas e froitas de tempada.
Pedidos: eladiopinaalvarez42@gmail.com | 650053980
Mª TERESA CASTRO FERREIRO – POLEMEL
Área xeográfica: toda España.
Produtos: mel e pole.
Pedidos: polemelbio@gmail.com | 618284446
LUCÍA AFONSO FERNÁNDEZ – SOVORAL
Área xeográfica: toda España.
Produtos: produtos apícolas.
Pedidos: ola@sovoral.com | 691431319
Área xeográfica: toda España.
Produtos: albariño eco D.O. Rías Baixas.
Web: https://bodegascorisca.com/
Pedidos: info@bodegascorisca.com | 615430297
ÓSCAR RIVEIRO LAGE – RIVEIRO ECOLÓGICOS
Área xeográfica: Castro de Rei (Lugo).
Produtos: pataca.
Pedidos: riveiroecologicos@gmail.com | 687108778
ÁNGELES GONZÁLEZ RODRÍGUEZ – SHIITAKE TRIVES
Área xeográfica: toda Galicia.
Produtos: fungo shiitake fresco.
Pedidos: shiitaketrives@gmail.com | 649926664
Área xeográfica: toda a Península.
Produtos: xeados de produción ecolóxica con leite e veganos. Tamén polpa de açai, açai con guaraná e pitaya rosa.
Web: https://www.the-bio-factory.com/
Pedidos: tiendaonline@the-bio-factory.com | 619391699
Outros: recepción de pedidos ata o luns. Envío o martes e entrega o mércores (antes das 11 h). O cliente ten que estar no seu domicilio o día e hora indicados, xa que a empresa non garante a conservación da cadea de frío nun día/hora posterior ao sinalado inicialmente.
JULIÁN SIO FERNÁNDEZ – O MUÍÑO DA ESPELTA
Área xeográfica: Vigo, O Porriño e arredores.
Produtos: pans ecolóxicos variados (sarraceno, espelta, centeo e centeo con pasas e noces). Chapata de espelta. Galletas con fariñas sen gluten (intolerantes) de cacao e tamén de mazá e xenxibre (sen azucre).
Web: https://www.facebook.com/panecologicodeespelta
Pedidos: omuinodaespelta@gmail.com | 615397795
Outros: servizo a domicilio unicamente activo durante a corentena.
XOSÉ FIGUEROA LORENZANA – PAZO DE SABADELLE
Área xeográfica: toda Galicia.
Produtos: carne ecolóxica de becerro.
Web: https://www.facebook.com/PazodeSabadelle
Pedidos: pepedopacio@hotmail.com | 650343777
Área xeográfica: toda Galicia.
Produtos: polo e tenreiros de produción ecolóxica.
Web: www.traloagro.es
Pedidos: pedidos@traloagro.es | 617403712
KOMBU DEL CANTÁBRICO – ALGAS LA PATRONA
Área xeográfica: toda España.
Produtos: pack de seis algas eco deshidratadas (kombu, wakame, spaghetti de mar, leituga de mar, alga percebe e mix).
Pedidos: hola@algaslapatrona.com | 667486818
JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
Área xeográfica: Lugo.
Produtos: patacas.
Pedidos: 607676428
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: mel.
Pedidos: arnuizdiego@hotmail.com| 607512535
FCO. JAVIER FRAGA CHANS – CHANS DA CANOSA
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: horta de tempada.
Pedidos: 619427994
Outros: envíos a domicilio a través de empresa de transporte.
EDUARDO LÓPEZ MARTÍNEZ – BIOWAK
Área xeográfica: toda España.
Produtos: aceites vexetais 100% puros (argán, jojoba, rosa mosqueta, caléndula, pebida de uva, etc.).
Pedidos: info@biowak.es | 657812805
Outros: portes gratuítos a partir de 20 €.
Área xeográfica: Carballo.
Produtos: repolo, acelga, leituga e remolacha.
Pedidos: 679399262
Outros: servizo a domicilio activo só durante a corentena.
Área xeográfica: toda España.
Produtos: froitas, hortalizas, froitos secos, conservas, fariñas, mel e pole.
Web: www.daiqui.com
Pedidos: pedidos@daiqui.com | 988302171
Outros: entrega gratuíta en 24 h a partir de 60 € (en calquera punto de Galicia). En Ourense capital, Allariz e Xinzo de Limia, servizo a domicilio con transporte propio. Fóra de Galicia, tarifa plana de 10 € polo transporte (24 h).
MIGUEL AREÁN E HIJOS, SL – NAICIÑA
Área xeográfica: España e Portugal.
Produtos: castaña (conxelada a granel e precocida) e elaborados de castaña (fariña e puré).
Web: https://www.arean-hijos.com/tienda/
Pedidos: tienda@arean-hijos.com | 982440902
Mª NURIA VÁZQUEZ BLANCO – GANADERÍA BERNADAL
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: tenreiro ecolóxico.
Web: https://ganaderiabernadal.webnode.es/
Pedidos: bernadal2005@hotmail.com | 639037940 (servizo operativo só durante o estado de alarma)
Outros: venda na explotación e sacrificio en matadoiro concertado.
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: despece de porcino fresco e elaborados cárnicos.
Web: https://jamonesgonzalez.com/
Pedidos: tienda@jamonesgonzalez.com | 609909403
Área xeográfica: Galicia.
Produtos: polpas de açai e pitahaya (froitas conxeladas).
Web: www.coracai.com
Pedidos: info@coracai.com | 619391699
Área xeográfica: toda España.
Produtos: viño branco ecolóxico.
Pedidos: info@vinoscarballal.com | 986710981
Outros: servizo aproximado en 24-48 horas.
FRANCISCO FERNÁNDEZ BARRIO – BUBELA ARTESÁ
Área xeográfica: toda Galicia.
Produtos: pastas italianas (trigo, espelta, centeo, millo, castaña, algas, cúrcuma e espirulina) e cervexas (torrada, branca de trigo, moura e con licor café). En ambos casos son produtos artesanais.
Pedidos: bubela@bubela.gal | 622324846
Outros: servizo aproximado en 24-48 horas.
SALVADOR MARTÍNEZ VALLADARES – MIRABEL DO ROSAL | ALÉN DO VAL
Área xeográfica: toda España.
Produtos: mirabeles en xarope e outros elaborados con este froito (marmelada, doce, cervexa bio e snacks).
Web: https://www.mirabeldorosal.com/
Pedidos: info@mirabeldorosal.com | 600514102
Outros: servizo aproximado en 24-48 horas. Posibilidade de realizar packs coas distintas referencias adaptándose ás necesidades do cliente.
Deixa unha resposta