A industria alimentaria busca ideas fronte a Covid-19

A aceleradora galega de novos proxectos adáptase á crise e reclama iniciativas que fagan fronte ao reto do coronavirus

Un proxecto impulsado pola catedrática María José Alonso foi seleccionado na segunda edición da BFFood.

A crise sanitaria da Covid-19 obrigou a cambiar sobre a marcha o proxecto BFFood, a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada por Xunta e dinamizada pola Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga). A Business Factory Food incorporou ese novo reto á súa primeira convocatoria de consolidación, enfocada a buscar proxectos que poidan ser aplicables ao sector alimentario e á súa cadea de valor, e faio incorporando o fortalecemento da resiliencia da industria alimentaria fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias, como a provocada polo coronavirus.

Con motivo da situación xerada pola crise sanitaria da Covid-19, BFFood incorporou ese novo reto á presente convocatoria, que se suma ao sete xa existentes, que son: dixitalización e automatización;  trazabilidad, calidade e seguridade alimentaria; loxística; sustentabilidade e packaging; desenvolvemento de novos produtos; innovación de procesos e comercialización, e reto aberto. A I convocatoria de consolidación permanecerá ata o 8 de xuño ás 14,00 horas.

As empresas deben estar consolidadadas, ter menos de seis anos de antigüidade e contar cun produto ou servizo definido

Os proxectos que queiran presentarse a esta convocatoria de BFFood, aceleradora que forma parte da plataforma StartIN Galicia, apoiada pola administración autonómica, deben ser empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas.

Ata seis proxectos poderán ser seleccionados nesta convocatoria de consolidación na que recibirán formación, mentoring, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento. Cada un dos proxectos conta cun mentor especifico pertencente a unha empresa líder do sector alimentario que guíe e facilite o seu desenvolvemento no ecosistema do sector.

Institucións, proxectos e equipo da II Convocatoria do BFFood.

Institucións, proxectos e equipo da II Convocatoria do BFFood.

Así mesmo, os proxectos terán acceso a un financiamento específico en forma de subvencións a fondo perdido e prestamos participativos, para favorecer o seu despegamento e consolidación. No caso da consolidación, contan con financiamento a través dun préstamo participativo por parte de Xesgalicia, que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 euros.

Este programa de consolidación de BFFood conta co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD (Larsa), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Congalsa, Galacteum, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira, que se encargarán do proceso de mentoría dos proxectos que resulten seleccionados.

Colaboradores

En BFFood tamén participan outras entidades colaboradoras como a Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña, Anfaco-Cecopesca, Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Instituto Tecnolóxico de Galicia, Fundación FEUGA, Gradiant, Fundación CESGA, Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Asociación Empresarial do Tambre, AMS Soft y Coremain, que achegan coñecemento experto e infraestruturas e medios técnicos que poñen ao dispor dos proxectos para o desenvolvemento e avance dos mesmos.

BFFood conta con dous programas específicos de apoio aos proxectos participantes: aceleración e consolidación. Os programas están deseñados para o impulso dos proxectos en función do grao de desenvolvemento dos mesmos, desde a idea inicial co programa de aceleración, ata o afianzamento das vendas co programa de consolidación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *