O videoconsello de Amil López para un almorzo saudable

Alimentación con proteínas de alta calidade e cereais integrais para non fallar na que é considerada a comida máis importante do día

O almorzó é a comida máis importante do día porque despois de cear estamos en xaxún moitas horas polo que debemos comezar o día activando o noso metabolismo. A doutora en Nutrición Amil López, considera que para isto é necesario facer unha boa combinación de alimentos que nos axuden a estar a tope no rendemento tanto físico como intelectual. Na sección Xantar Coherente ofrécenos a fórmula para realizar cada mañá un almorzo saudable.

É importantísimo, segundo os seus consellos na videoblog, incluir algunha proteína de alta calidade no almorzo que pode ser un lácteo, friame magro, hummus de garavanzo, salmón afumado, ou queixo vegano se és vexetariano. Ímolo acompañar de cereais integrais preferiblemente para ter esa enería durante todo a mañá ata o momento no que cheguemos ao aperitivo.

A autora da Dieta Coherente asegura que tamén é necesario incluir algunha graxa favorable como pode ser o aceite de oliva, froitos secos ou aguacate. Desta forma podemos facer almorzos que leven por exemplo unha tosta de aguacate con atún, ou unha tosta de pan con tomate, leite con cereais integreais que leven froitos secos, e despois podemos tomar unha ración de fríame magro.

Deste xeito seguindo estas recomendacións teremos a enerxía a tope, melloraremos o noso humor, e imos estar con máis capacidade de concentración e con mellor memoria para facer fronte aos proxectos que teñamos por diante cada mañá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *