Operación detox, como limpar o corpo dos excesos

Videoblog da nutricionista Amil López onde nos traslada a dieta para recuperarse despois das enchentes do Nadal

Despois do Nadal é importante facer unha operación detox. Onte concluiron todas as festas, e chega o momento no que a doutora en Nutrición Amil López considera que debemos limpar o noso corpo dos excesos. Na sección Xantar Coherente ofrécenos a fórmula para activar a liberación de toxinas a través deses órganos tan importantes como o fígado, os riles, o sistema linfático e o intestino.

Segundo os seus consellos na videoblog é moi importante beber polo menos 8 vasos de auga cada día para activar a eliminación renal, favorecer que non teñas estrinximento e facilitar a expulsión de residuos. Tamén é moi importante incorporar alimentos frescos e de temporada, con fibra abundante, como legumes, vexetais e froita fresca da época, que ademais van axudar á eliminación de toxinas.

É importante beber polo menos 8 vasos de auga cada día para activar a eliminación renal

A autora da Dieta Coherente asegura que tamén é importante non abusar das graxas animais, e facer un maior consumo de legumes, que son alternativas proteicas de calidade, e que nos van a a axudar a eliminar por vía intestinal esas toxinas. Resultaría moi interesante para completar este traballo de eliminación dos excesos do Nadal, incorporar na nosa dieta destes días verduras de sabor amargo de folla verde, como poden ser herba dos cóengos, agrón ou rúcula para as nosas ensaladas.

Outro vexetal que ten un efecto moi positivo para esta operación detox son as berenxenas, xa que nos activan a función hepatobiliar, e así favorécese o metabolismo do alcohol, das graxas consumidas e das calorías que inxerimos de máis na época de Nadal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *