Zaragallada: substantivo feminino. 1. Mestura de cousas sen orde. Non sei como podes atopar algo nesta zaragallada.Sinónimos: cerellada, confusión, liorta, marfallada, trangallada, zarangallada. 2. Conxunto de ingredientes que se utilizan de recheo para determinados alimentos. Están preparando a zaragallada da empanada. A zaragallada das morcillas xa a tiña amañada.
Isto pode ser un conxunto de cousas sen orde, pero na gastronomía cando falamos da zaragallada falamos do conxunto de ingredientes que se utilizan de recheo para determinados alimentos como por exemplo cando dis que estás preparando a zaragallada da empanada, ou a dunhas morcillas. Nas empanadas é ese combinado ao que chamamos rustido de tomate, pemento e cebola, moi habitual atopalo en empanadas como a de xoubas. Tamén podes comer as vieiras en zaragallada. Hai algunhas conserveiras que xa venden a zaragallada preparada para non ter que facela na casa, pero se queres facela ti toma nota:
Primeiro debes cortar á xuliana, a cebola, e o pemento; a continuación os refogamos nunha tarteira co aceite de oliva ben quente e a folla de loureiro para que a cebola tóstese un pouco, deixamos cociñar durante uns 25 minutos ata que abrande. Seguidamente engadímoslle o pemento e deixamos un par de minutos.
O cociñeiro Xoán Crujeiras do Restaurante coruñés Bido ten un par de trucos que fan irresistible a súa receita de empanada e un deles é facer pequenos buracos na superficie da masa para que o vapor salga e non se abrande a empanada, e o outro é escorrer a zaragallada unha vez cociñada para que quede tan crocante por arriba como por abaixo.
Deixa unha resposta