Legumes con disfrace de alimento cotián

Hai unha ampla listaxe de produtos que consumimos todos os días que, aínda que non o parecen, pertencen a familia das leguminosas

Os cacahuetes ese aperitivo de legumes tan típico como tapa

Durante séculos a base da alimentación humana estivo baseada nas legumes, xunto cos cereais e algunhas froitas. Este é una alimento que resulta moi fácil facer acopio del xa que ten unha conservación moi duradera, posúen unhas propiedades nutritivas estraordinarias e proporcionan unhas proteínas difíciles de conseguir en tempos de carestía.

Falamos de froitos que pertencen ao amplo grupo das plantas leguminosas (familia Fabaceae) pero, a pesar do gran número de especies que compoñen esta familia, as utilizadas para a alimentación dos humanos e do gando en particular son relativamente poucas. Tendemos a englobar só os garavanzos, as lentellas, ou as fabas dentro deste grupo alimenticio. Sen embargo, existen outros legumes de consumo habitual que pertencen do mesmo xeito á familia Fabaeceae.

CHÍCHARO DE RAPOSO (Lupinus albus)

Altramuces.

O chícharo de raposo, lupín ou lupino é un legume de forma redondeada e bastante plano, a súa pel é lisa e de cor amarelada. Presenta ademais un intenso sabor amargo debido a uns compoñentes que se chaman alcaloides.

Os froitos do tremoceiro (coñecido en castelán como altramuz e como tremosos en portugués) destacan polo seu rico contido proteico, son valiosos polos seus niveis de fibra e carbohidratos e porque na súa composición se inclúen sustancias como os polifenoles. Se se comparan con outros legumes, os chícharos de raposo achegan máis calorías porque teñen maior cantidade de graxa na súa composición. Os legumes adoitan ter entre un 1% e un 6% de graxa, mentres que os chícharos bravos (outra das súas denominacións) conteñen preto dun 15%.

Tradicionalmente é moi consumido no Mediterráneo desde hai moitos séculos. O chícharo de raposo é un bo substituto para as persoas que non poden tomar soia ou simplemente que queren consumir outra proteína vexetal ou legume diferente. Para os agricultores é tamén unha solución cando só teñen terreos pobres ou demasiado ácidos xa que este legume crece moi ben neste tipo de leiras.

SOIA (Glycine max)

Soia.

A soia é unha planta da familia das leguminosas empregouse tradicionalmente para elaborar aceite ou alimentos como leite, tofu ou brotes de soia, e o seu consumo popularizouse tamén nos países occidentais nos últimos 20 anos, onde os expertos chegaron a definir a soia como un dos alimentos máis completos que existen.

É un legume particularmente nutritivo xa que contén unha elevada porcentaxe de proteínas: case 37 g de proteínas por cada 100 g de soia. É dicir, contén o dobre de proteínas que a carne e 4 veces as proteínas do leite.

Nos países de Oriente a soia formou parte da dieta da poboación durante milenios, xa que a consideraban un alimento cun alto valor nutricional e con propiedades para previr enfermidades. En China, onde foi descuberta, formaba parte das cinco sementes sacras creadas polos deuses.

CACAHUETE (Arachis hypogaea)

Cacahuetes.

O cacahuete ou maní é unha planta da familia das fabáceas cuxos froitos, de tipo legume, conteñen sementes aprezadas na gastronomía.

Provén dunha planta chamada “arachis hypogaea“, nativa de Brasil. Esta planta, na actualidade, atópase en varios países de todo o mundo, fundamentalmente aqueles de clima cálido.

As súas sementes son amplamente utilizadas na industria alimentaria que prepara cacahuetes asados, pelados e salgados, e tamén para a produción de aceite vexetal e manteiga de maní.

Os cacahuetes son ricos en sales minerais, vitaminas, proteínas e fibras: conteñen, por exemplo, grandes cantidades de magnesio, ferro, zinc, fósforo, potasio, cobre, calcio, manganeso e sodio, así como vitamina E, J. Ademáis, os cacahuetes son considerados como os froitos secos que máis vitamina B3 e ácido fólico posúen, sendo á vez moi rico en proteínas, xa que 50 gramos cobren a cuarta parte das necesidades diarias. Isto fai que os cacahuetes sexan axeitados para as persoas con deficiencias que sofren de fatiga crónica ou mesmo para deportistas e embarazadas.

Con todo, non debemos esquecer tampouco de que é unha valiosa fonte de graxas monoinsaturadas (aproximadamente un 58%), así como graxas poliinsaturadas (26%).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *