Estes son os 28 novos soletes galegos da Guía Repsol

Galicia conta xa con 253 establecementos con esta distinción

Jorge Gago á fronte de ‘O Testo', unha das aperturas máis interesantes do centro de Santiago de Compostela. Foto: Sofía Moro

En outono as cidades vibran, a xente busca compartir momentos. Bares, restaurantes e demais locais de ocio no centro experimentaron esta temporada unha afluencia superior aos anos anteriores. Por iso, a Guía Repsol acaba de propoñer máis de 350 Soletes de Centro para que non te perdas nada. Aqueles que recollen as tendencias de cada momento, enfócanse por tanto na efervescencia que se está producindo nos núcleos urbanos. Con 28 novas incorporacións, Galicia conta xa con 253 establecementos con esta distinción dende o seu nacemento en verán de 2021.

Do novo listado de máis de 350 soletes, 28 deles están ubicados no centro das ciudades galegas:

  • A Coruña: Bar Barbería, O Cabo, El Sauce, Herme’s Journey, Bonilla a la vista, Fábula Café.
  • Santiago de Compostela: El Muelle, Vucciria Pizza, Chez Bou Bou, Xénese Bar de Viño, O Testo e Entre Pedras.
  • Lugo: Taberna Daniel, Mangiarte Pasta Fresca e Urbana: Burguer de Autor.
  • Ourense: Portovello, La Terrazza de Paolo, Tizar e Tapa Negra.
  • Pontevedra: Pumper, Os Maristas, Club do Café e Misto Café Bar.
  • Vigo: Fermemtum42, Harum Manis, Taberna A Mina e Malasangre Food&Club.

No centro da cidade é onde mellor se explican as diferentes categorías da distinción. Dende o nacemento dos Soletes, no verán de 2021, os establecementos premiados están clasificados en seis categorías diferentes. Desta maneira, hai bares, barras e tascas, para cando apetece tomar unha caña ou un refresco e para picar algo rico; cafeterías e pastelarías, para almorzar e merendar repostería caseira ou café recén tostado; restaurantes e casas de comidas, para un menú rico ou cear de excusa. O centro converteuse na contorna natural das cociñas de fast food, cunha proposta rápida e sinxela, pero honesta e ben feita, que arraigou en tempo récord.

Os Soletes recoñecen o valor de negocios que resistiron ao paso dos anos, pero tamén ás novas propostas e á mocidade que comeza co seu primeiro proxecto. Para estes soles, Guía Repsol centrouse nas capitais de provincia de toda España, aínda que cidades como Santiago de Compostela non escaparon ao radar dos expertos.

“É a época do ano na que retomas a cidade con apetito, coma se a tiveses botado de menos no verán. Quedas con amigos, celebras coa familia e tomas algo cos compañeiros de traballo. Sempre hai un sitio perfecto segundo o momento: para o café e o petisco a media mañá, para o vermú, para converter unha comida de traballo nun gozo ou para un picoteo informal antes do cóctel máis sofisticado. Os Soletes teñen esa versatilidade, por iso están a triunfar de maneira tan transversal”, explica María Ritter, directora de Guía Repsol.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *