Olleros e os produtos do mar

A diversidade das augas das Illas Atlánticas aporta unha riqueza moi especial ás creacións do chef de Culler de Pau, con dúas estrelas Michelín

Unha marca de calidade, e un chef con dúas estrelas Michelín: Javier Olleros. Para a súa cociña en Culler de Pau, o produto de proximidade é un punto de partida innegociable para entender a gastronomía. A diversidade das augas do Parque Nacional aporta unha riqueza que lle permite gañar en frescura nos seus pratos cos peixes e mariscos que colle directamente das lonxas. Para Olleros é chave a protección do Parque de forma social porque xera unha cultura de valor.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *