A conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Miles de persoas visitan cada ano esta zona protexida que debe ser coidada por todos e todas

O Parque Nacional das Illas Atlánticas é unha zona protexida e a súa conservación é un eixo prioritario. Cada ano, miles de persoas visitan estes espazos e é crucial que o turismo estea concienciado de, por exemplo, non levar cunchas da praia ou, non dar de comer aos animais salvaxes. A responsabilidade é compartida e debemos ser consecuentes coas nosas accións. Neste vídeo, explícase a intención de reducir o consumo de gasóleos ou tamén, o consumo de auga.