Di non ao furtivismo

A extracción ilegal de marisco supón perdas económicas para as confrarías e riscos para a saúde pública

A extracción ilegal de marisco é un dos graves problemas aos que se ten que enfrontar o sector pesqueiro. Que os produtos do mar non pasen un control sanitario supón riscos para a saúde pública, xa que estes animais poden conter acedo domoico, que é letal para as neuronas. É fundamental que os moluscos que se consuman pasen polas lonxas e por unha revisión que corrobore que son aptos para a alimentación. Erradicar o furtivismo é un obxectivo dos traballadores e traballadoras do litoral galego. De conseguilo, as confrarías aumentarán os seus ingresos e o marisco valorizarase aínda máis.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *