Levantarse ás catro da mañá para ir ao mar non é fácil, pero lévase moito mellor se o fas para traballar na túa vocación. Así o explican os mariñeiros, os profesionais que mellor coñecen as particularidades das augas galegas.
O noso mar é un maná, e o Parque Nacional das Illas Atlánticas un auténtico viveiro onde conviven unha gran cantidade de criaturas. Nesta nova entrega do proxecto Illas Atlánticas, subimos a bordo do Faneko, donde os traballadores do mar explican a importancia de coidar dos ecosistemas mariños, por exemplo, reivindicando a veda para favorecer ás poboacións de polbos.
Deixa unha resposta