Da praza ao prato: unha exhibición co mellor produto

O mercado de abastos de Bueu acolle un evento cultural e gastronómico que conecta a confrarías, placeiras e restaurantes

A praza de Abastos de Bueu.

Confrarías, placeiras e bos restaurantes: a combinación soa ben, pero se se lle engade o polbo e a raia da mellor calidade, o resultado é obrigatoriamente irresistible. Niso consiste precisamente o evento cultural e gastronómico que se desenvolve este luns na praza de Abastos de Bueu, organizado polo Grupo de Acción Local Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP).

A actividade desenvólvese en dúas sesión e coa colaboración da Confraría de Pescadores San Martín de Bueu, quen cederá os seus productos pesqueiros artesanais de referencia de tempada: polbo e raia, e a colaboración de tres dos restaurantes adheridos á marca pescado artesanal (www.pescadoartesanal.com): A Centoleira, Restaurante Loureiro e Pescador. Presentarán dúas receitas estrela con cada un dos produtos para a degustación cun público pechado.

O evento recolle a perspectiva cultural da pesca destes produtos, onde o secretario da confraría, Jose Barreiro, dará unha charla sobre a cultura pesqueira asociada a estas especies, así como as súas curiosidades. A sesión continua coa intervención de representantes das comercializadoras da praza de Bueu, para falar dos aspectos menos coñecidos do traballo do sector, como a dinámica das lonxas. Ofrecerán aos participantes pistas e recomendacións sobre a selección do produto fresco nos mercados centrado en aqueles seleccionados para o evento.

Degustación e debate

Finalmente, cada un dos restaurantes presentará as receitas propostas e abrirase un espazo para a degustación e quenda de debate sobre a xornada. O evento realizarase  presencialmente, previa solicitude de inscrición ata encher o aforo (aínda dispóñense de prazas dispoñibles) e en streaming a través do Facebook de @Peixe.artesanal.

Receitas que se van presentar:

A Centoleira:

  • Boliños de polbo con salsa de vieiras
  • Raia entempura acompañada de ensalada  tártara

Loureiro:

  • Polbo frito con dúas salsas (picante e mostaza)
  • Popietas de raia en escabeche morno de verduras e amorodos

Pescador (proposta tradicional)

  • Raiaguisada
  • Polbo en  caldeirada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *