Vinagre crianza con pemento de Padrón, o último en aromatizados

Así é a nova especializade de Vinagres do Ribeiro, a empresa de derivados do viño por métodos artesanais

Os Albarro de Vinagres do Ribeiro.

Vinagres do Ribeiro, empresa ubicada no corazón da comarca do Ribeiro, vén de elaborar un novo produto, neste caso en colaboración coa empresa Pementos Carmucha. Trátase dun vinagre que continúa a liña de aromatizados artesanais Albarro (XPI, XPII e XPIII), definidos pola acetificación artesanal, non adicción de sulfitos e aromatizados. O vinagre crianza con Pemento de Padrón sairá ao mercado nos vindeiros días.

A compañía constituída en 2017 desde unha arraigada tradición familiar vitivinícola segue así a súa aposta pola elaboración de vinagres por métodos artesanáis. Neste tempo, os seus vinagres xa están posicionados nas mellores tendas gourmet e restaurantes de Galicia, así como noutras zonas de España, mentres inicia a súa exportación a Alemania e Paises Baixos. En só tres anos, un dos seus vinagres, Albarro XPI, obtivo por dous anos consecutivos medalla de ouro no único concurso internacional de vinagres, organizado pola Asociación Amigos Amantes del Vino y el Vinagre (Vinavin), en colaboración coa Deputación de Córdoba, o que o converteu no primeiro e único vinagre galego premiado neste certame.

Xoán Pablo Lorenzo, propietario de Albarro, nunha cata dos seus vinagres

Xoán Pablo Lorenzo, propietario de Albarro, nunha cata dos seus vinagres

“Vinagres do Ribeiro aposta polo vinagre artesanal cunha nova visión que pon o vinagre no centro, como un produto gourmet e non como mero condimento, e aproveitando un ingrediente  de enorme prestixio como é  o viño do Ribeiro. Reivindicamos que a uva ten moitas máis posibilidades que o viño”, sinala Xoán Pablo Lorenzo, responsable da empresa, que ten a súa sede no municipio de Beade.

Pementos Carmucha é unha empresa familiar que cultiva pementos desde fai máis de 90 anos. Actualmente a cuarta xeración, acollida á Denominación de Orixe Pemento de Herbón, e co selo Galicia Calidade, comercializa os seus pementos nos mellores restaurantes de Galicia, e por todo o estado español, conseguindo o recoñecemento de grandes cociñeiros coma Martín Berasategui.

O lanzamento é froito de seis meses de busca da combinación idónea para acadar un produto gourmet

Ademáis da comercialización do pemento de Herbón en verde, elabora productos derivados como pemento confitado, pementón doce e picante, e mesmo queixo con pementos en colaboración coa queixería Casa Zolle.

O novo vinagre é froito de seis meses de experimentación na busca da combinación idónea para acadar un produto gourmet, con só dous ingredientes e sen ningún tipo de conservante. Acadouse así  un vinagre artesanal de viño blanco do Ribeiro con máis dun ano de crianza, macerado con pemento de Padrón; un vinagre de complexidade aromática, con notas moi definidas de pemento verde.

Sabor intenso

De sabor intenso, combina unha fresca acidez elegantemente suavizada pola crianza e a intensidade punzante propia do pemento de Padrón con marcada persistencia. Ten unha impresión final harmoniosa con retrogusto que nos deixa descubrir debaixo da sensación picante unha multiplicidade de sabores, cos matices do viño orixe acentuados pola acetificación artesanal.

É un produto apropiado para os amantes dos sabores picantes e intensos, sen esquecer a elegancia dos sabores auténticos e naturais, e sen máis artificios nen misturas que a combinación de dous productos naturais con orixe claro e determinado: vnagre artesanal de viño Ribeiro e pemento de Padrón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *