Cervexa de polbo á feira: a última creación de Estrella Galicia

Hijos de Rivera volve sorprender aos seus seguidores cunha bebida na que emprega polbo, patacas e pemento

Captura do vídeo promocional da nova cervexa.

Pementos de Padrón, percebes, cabazas, mel, castañas, laranxas e agora, pulpo á feira. Estrella Galicia lanza unha nova edición de cervexa con sabor a polbo, ‘Pulpo á Feira’, dentro do seu proxecto Fábrica de Cervexas Estrela Galicia.

‘Pulpo á Feira’, que chega ao mercado este 6 de outubro é recéita, é a número 12 deste proxecto, que xa presentou con éxito cervexas de sabores do máis variado. O novo lanzamento estará disponible en establecementos de hostalería e alimentación, así como en La Resistencia, a tenda ‘ online’ de Estrella Galicia.

Os mestres cervexeiros da empresa galega seguen aplicando o saber cervexeiro centenario da compañía á elaboración de receitas innovadoras destinadas a retar aos seus consumidores para explorar novos sabores, segundo sinalou a compañía. Nesta ocasión atrévense co polbo, dando resposta así a unha demanda dos seus seguidores que sempre piden á cervexeira que vaia máis aló nas súas arriscadas propostas.

En concreto, Fábrica de Cervexas Estrella Galicia edición ‘Pulpo á Feira’ pretende evocar os sabores deste prato emblemático da gastronomía galega. Os mestres cervexeiros de Estrela Galicia empregaron nesta ocasión malta de cebada e malta de trigo, ademais da variedade de lúpulo checo Sladek e fermento de tipo Ale.

Ademais, durante a elaboración do mosto cervexeiro incorporáronse patacas en representación dos cachelos e varios quilos de polbo galego certificado, e previamente asustado, como manda a tradición.

Xa no período de maduración da cervexa engadiuse pemento doce e picante, ademais de auga da cocción do polbo. Para a elaboración desta cervexa contouse coa colaboración de provedores locais como Pescados y Mariscos del Noroeste, que achegaron o polbo 100% galego, e a Asociación de Pulpeiros de Carballiño, que aportaron a auga de polbo que se incorporou na fase final.

“No equipo estamos moi satisfeitos coa receita final e esperamos que estea á altura das expectativas dos consumidores. Son eles os que nos desafían constantemente para que arrisquemos e presentemos propostas cada vez máis innovadoras. O noso reto é seguir explorando ingredientes, procesos e combinacións que nos leven a novas receitas cervexeiras para manter o nivel de creatividade que esperan de nós”, sinalou Luis Alvar, mestre cervexeiro de Estrela Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *