Volven as cacheiras de ‘terror no hipermercado’

Co Entroido, revive en Galicia o costume de facer bodegóns coa cacheira do porco, que pode aparecer vestido de labrego, enmascarado ou soprando un matasogras en moitos supermercados do país.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Don carnal no Lar da Sabela #olardasabela #elfacha #ourense #carnaval #carnaval2016 #prazadoeironciño #cerdo #porco #cachucha #vinosourense #rubia #disfraz

Una publicación compartida de Chini (@caracochas) el

Esta moda está cada día máis espallada, aínda que ás veces escandaliza aos visitantes, provocando un arrepío por exemplo entre os peregrinos que fan o Camiño de Santiago e paran nun ultramarinos a fornecerse de víveres. Aínda que moitos galegos poden velo con normalidade, a estampa resulta certamente abraiante, colar de chourizos incluído.

Obra singular, retratada por Xosé Ramón Nóvoa no seu Instagram.

‘Horror en el hipermercado’, cantaban Alaska y los Pegamoides no seu clásico tema da Movida. E, ás veces, as composicións destas ‘naturezas mortas’ (ben mortas e salgadas) teñen un aire truculento.

Outras veces, a cacheira non é dabondo para montar estas composicións, e os artistas dos supermercados reconstrúen o porco enteiro, como no tweet de @Lucía Artemar:

Tamén se aproveita a cacheira para disfrazala cunha careta…

E non falta quen emprega directamente a cachucha como máscara…

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Feliz entroido ? Grazas Dani pola foto ?

Una publicación compartida de embutidos lalinense (@embutidoslalinense) el

En definitiva, entre a tradición e a cultura do hipermercado, estes bodegóns, estas naturezas mortas… seguen a sorprender cada Entroido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *