A Feira do Grelo das Pontes, 40 anos de homenaxe á agricultura tradicional

A localidade coruñesa celebra esta fin de semana unha das citas gastronómicas máis veteranas de Galicia

A Festa do Grelo acada a súa edición número 40.

A Feira do Grelo das Pontes celebrará esta fin de semana catro décadas de historia. Trátase dunha das citas gastronómicas máis veteranas de Galicia, que ten como obxectivos exaltar un dos produtos emblemáticos da gastronomía local e render homenaxe á agricultura máis tradicional.

O programa de actividades desta 40 Feira do Grelo, deseñado polos departamentos de Cultura e de Turismo do Concello pontés, conxuga as actividades máis tradicionais, como o concurso de cestas ou a mostra de artesanía, con outras máis  recentes, entre elas unha actividade gastronómica na que participarán tres reputados cociñeiros, nunha clara pola promocion dos produtos agrícolas e gandeiros e a música tradicional.

As actividades, que se desenvolverán durante os días 22 e 23 de febrero, comezarán o sábado, ás 11,00 horas da mañá como apertura da XIII Exposición Contornos, exposición itinerante de madeira torneada, na primeira planta do Mercado Municipal.

Á mesma hora, na rúa Ramón Cabanillas, a Asociación Amigos da Madeira das Pontes levará a cabo unha exhibición de  torneado en talla de madeira e na Praza de América abriranse as portas da feira “Son de Campo”, promovida pola Federación de Mulleres Rurais, na que os visitantes poderán adquirir, durante toda a fin de semana, produtos autóctonos de alimentación, agasallos, cosmética e pezas de xoiería.

O programa inclúe unha exposición de razas autóctonas de Galicia

Na rúa Alexandre Bóveda, os asistentes á 40 edición da Feira do Grelo das Pontes poderán visitar a VI Mostra  Mostra da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (cabra e a ovella, o porco celta ou o can de  palleiro)  e unha exhibición de especias avícolas, na que a veciñanza e visitantes poderán coñecer máis de preto algunhas especies propias da comunidade autónoma galega como a cabra e a ovella, o porco celta ou o can de palleiro.

Durante toda a mañá do sábado, 22 de febreiro, o grupo de gaitas Canavella animará as rúas do  centro urbano e ás 12,30 horas, na Casa Dopeso presentarase o documental O  latexo  do tempo humano, no que os artesáns Lolo de Severiano, Tito Ledo e Lola Turón dan a súa visión sobre tres pezas arqueolóxicas, o traballo artesán e a madeira.

A música volverá ás 17,00 horas cun concerto de música tradicional na Praza de América, no que participarán a formación Os Viqueiras  que interpretarán, acompañados de catro cabezudos que bailarán ao son da música, as pezas do seu libro-disco Vilaverde.

Tras esta actuación será a quenda de Dequenvessendo, grupo de folk galego que nace no ano 2016,  froito do encontro de jóvene coas mesmas inquietudes musicais e culturais e que, pese a súa curta traxectoria, conta con varios premios no seu haber entre o que destaca, Runas 2019, premio do Festival de Ortigueira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *