Caldo de Gloria de balde na honra do día de Rosalía

Un total de 47 establecementos santiagueses ofrecerán estes días o prato recollido nun poema da escritora con motivo do 183 aniversario do seu nacemento

A Fundación Rosalía de Castro volveu poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Moitos locais hosteleiros de todo o país (e máis alá) uniranse o 24 de febreiro (e a fin de semana anterior) a esta celebración, ofrecendo o ‘Caldo de Gloria’ como tapa nos seus establecementos. Desde a Fundación Rosalía convidan a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes. Iso si, acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos.

Con motivo do 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Veciños Raigame, con colaboración da Fundación Rosalía, a Asociación Comercio Punto Compostela e os colexios Quiroga Palacios e Cluny, promoven un Caldo de Gloria que bares e restaurantes ofrecerán de balde desde o 21 ao 24 deste mes de febreiro.

A Charca, A Curtidoría, A Fuego Lento, A Grella, A Horta d’Obradoiro, A Nave de Vidán, A Ostrería, A Taberna da Feira, Ad Gelo, Abellá, Amoado, Bicoca, Bodegón Casas Chico, Café Bar Suso, Café de Altamira, Central, Da Avoa, D’Lucía, Don Quijote, El Hispano, Enxa, Esquina, Frebas, Galeón Raíña, Galeón Toural, Krystal, La Alacena de Cris, A Bodeguilla de San Lázaro, A Bodeguilla de San Roque, A Bodeguilla de Santa Marta, La Codorniz, A Radio de Pepe Solla, A Rosaleda, Lasso, María Castaña, Mercado La Galiciana, Mesón As Fontiñas, Mesón de Lázaro, O Dezaseis, O Ferro, Pedra Santa, Pepe Payá, Raíces Galegas, River, San Jaime, Sexto II, Tapería Castelao e Ultreia.

Ademais, nestes días, o comercio compostelán de proximidade entregará aos seus clientes un marcapáxinas que levará impreso un poema de Rosalía. Nesta segunda iniciativa participan un total de 47 establecementos, que o público poderá identificar por un cartel que colgarán nos seus escaparates.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *