“Fame de experiencias”, unha peza audiovisual da campaña producida por Esmerarte que amosa os elos da cadea que fan posible a gran calidade e variedade da oferta gastronómica da provincia de Pontevedra, foi recoñecido onte co premio á mellor película de promoción dun produto turístico nos galardóns da Fitur Film & Video Competition, un certame celebrado no marco da Feira Internacional de Turismo que ten lugar estes días en Madrid.
Nuestra campaña #HambreDeExeperiencias #FameDeExperiencias para @depo_es en ##FITUR 19, “Best film promoting a spanish touristic product at @fitur_madrid” en Premios #LandingMadrid, y entre más de 60 nominados de 14 países ??
GRACIAS ?
▶️ https://t.co/7gkBAESDcC#FITUR2020 pic.twitter.com/Afr51u4sXi
— Esmerarte (@esmerarte) January 23, 2020
O vídeo recolle os quefaceres diarios de pescadores, mariscadoras, gandeiras, vendedores, cociñeiros, e demais representantes do sector, destacando o gran valor gastronómico da provincia. Un xurado formado por profesionais do turismo e a comunicación foi o encargado de elixir os gañadores nas diversas categorías.
Na mesma xornada, a cidade de Vigo presentou a súa proposta, “O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo“, nun acto presentado polo cómico Miguel Lago, ao que se sumou o músico Pablo Novoa, e no que tamén participou o alcalde Abel Caballero.
Deixa unha resposta