Patacas fritas galegas que chegan aos Oscar a través de Corea do Sur. Pode soar raro, pero é o logro acadado pola marca coruñesa ‘Bonilla a la vista‘. Porque unha lata do seu produto aparece en Parasitos, a película de Bon Jong Hoo candidata aos Óscar nas categorías de Mellor Película, Mellor Película Internacional, Mellor Guión Orixinal e Mellor Director.
A aparición de Bonilla non é casualidade porque se trata dun product placement (un traballo de márketing pagado, no que a empresa contrata a presenza do seu produto en determinadas secuencias do filme).
O filme surcoreano Parasitos, que xa se alzou coa Palma de Ouro en Cannes, reflicte un fenómeno que chega dende Galicia ata 10.000 km ao Leste. Porque as patacas Bonilla son moi aprezadas en Corea do Sur, convertidas nunha marca emblemática para os influencers.
Ver esta publicación en Instagram
Bonilla foi fundada en Ferrol por Salvador Bonilla (pai do actual responsable, César Bonilla) en 1932. E ten unha gran sona na cidade da Coruña, onde son unha referencia.
Son varios os planos do filme dirixido por Bong Joon-hoen nos que se pode ver product placement de Bonilla a la vista. A súa imaxe acompaña ás familias protagonistas desta comedia negra de suspense, protagonizada por Kang Ho Song (O imperio das sombras), Sun- kyun Le (2036 Apocalypse Earth), Yeo- jeong Jo (The target-O Obxectivo), So- dam Park ( Shimajiro and the Rainbow Oasis) e Woo- sik Choi (Tren a Busan).
Ademais, como destacan desde a compañía galega, non é a primeira vez que Bonilla forma parte do atrezo artístico en Corea do sur. O ano pasado, dous membros da boy band surcoreana Stray Kids pousaban con latas de Bonilla a la vista nunha sesión fotográfica da revista Dazed.
Na actualidade, as patacas fritas Bonilla a la vista, elaboradas con aceite de oliva, poden atoparse en máis de 20 países, incluíndo o Bélxica, Suíza, Reino Unido, Francia, Italia, EEUU, Panamá, Corea do Sur (un dos maiores clientes da marca) ou mesmo Australia.
Deixa unha resposta