Estrella Galicia acaba de lanzar ao mercado unha edición especial de botellas que rende homenaxe ás Illas Cíes co obxectivo, informa a compañía nun comunicado, de promocionar e poñer en valor este paraíso natural de Galicia.
As Illas Cíes, lembra a cervexeira, foron declaradas Parque Natural en 1980. Neste paraíso virxe destaca a Praia de Rodas, elixida como a ‘mellor praia do mundo’ polo prestixioso diario británico The Guardian. Trátase dun territorio que require un coidado especial para que as próximas xeracións poidan seguir gozándoas de forma responsable. Apoiar a candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade é a mellor forma de mostrar ao mundo una das mil marabillas de Galicia”, lese nunha etiqueta da botella sobre unha fotografía da silueta do arquipélago. Outra etiqueta, a do colo da botella, anima aos consumidores para votar pola candidatura ‘Cíes, Patrimonio da Humanidade’.
As etiquetas amosan o seu apoio a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade
As etiquetas desta edición especial de Estrella Galicia locen así un idílico atardecer nestas illas que poderá verse desde hoxe en locais de hostalería de todo o territorio nacional ata fin de existencias. A cervexeira puxo no mercado ao redor de 20 millóns de botellas con esta imaxe nos formatos de 20 e 33 cl., todos eles retornables.
Deixa unha resposta