No Nadal é difícil controlar a nosa alimentación. Amil López, doutora en Nutrición, ofrece no videoblog de Xantar Coherente uns consellos para non chegar ao 2020 cuns quilos de máis. Unha pequena planificación pode evitar que os excesos propios destas datas acaben pasando factura.
O primeiro é saber que se imos ter unha comida ou unha cea fóra da casa, é preciso tomar algo a media mañá ou media tarde para non chegar famentos á comida. Cando non se fai esa previsión, normalmente a consecuencia é que xa se toman demasiados entrantes ou aperitivos, que adoitan ir fritidos ou en masas que levan un gran aporte calórico. No caso de tomar refrixerios, a autora da Dieta Coherente aconsella non inxerir logo unha sobremesa. Hai que elixir pois entre aperitivos ou sobremesa.
Tomar algo a media mañá ou a media tarde fará que non se chegue con tanta fame as comidas principais
A segunda recomendación que fai a experta en nutrición é que hai que ter coidado co consumo de alcohol. A súa suxerencia consiste en que non se mesturen. Se imos cear con viño, recomenda que xa desde os entrantes bebamos viño. Unha advertencia que fai é que compre ter coidado cos chopos de licores porque son os que teñen maior valor calórico. Por exemplo, o chopo de licor café ou de herbas é moi típico no Nadal na comunidade galega. Con respecto ás bebidas, tamén incide en que sempre é mellor, no caso de tomar unha copa, que non se fagan mesturas con refrescos con azucre. Insiste en que as copas se deben maridar con auga con gas ou tónica.
Os consellos de Amil López para o Nadal que vén tamén inclúen o baile. Xa que os días navideños conlevan excesos de calorías, considera interesante queimar estas calorías bailando. Ademais do exercicio físico que supón tamén libera endorfinas, polo que resulta dobremente beneficioso.
Deixa unha resposta