Bancos de xermoplasma: a alta cociña galega e a ciencia danse a man

Proceso de sementado con variedades da Misión Biolóxica de Galicia | CSIC

A Misión Biolóxica de Galicia (MBG) vén de presentar na súa sede en Pontevedra o proxecto divulgativo Biomisión: a cociñar tesouros, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación e no que participan Culler de Pau, El Calabacín Rojo e o CIFP Carlos Oroza.

O obxectivo é divulgar os bancos de xermoplasma da MBG de millo, básicas (coles, grelos, repolos e verzas) e leguminosas (xudías e chícharos), así como o proceso “do banco á mesa”.

Para iso, púxose en marcha unha biomision.eu con información divulgativa sobre os bancos de germoplasma.

Tamén se elaborou un vídeo de animación sobre os bancos de xermoplasma e outro un vídeo que mostra como unha semente do banco acaba, a través da intervención de persoas con diferentes perfís (persoal de investigación, produtores, cociñeiros, formadores…), no prato.

Por último, co obxectivo de divulgar os bancos de xermoplasma entre o público con idades comprendidas entre os 12 a 18 anos, promóvese un concurso nas redes sociais cuxa participación estará aberta desde o 1 de decembro ao 30 de xaneiro.

“En realidade, o seu banco será o supermercado, froitaría, praza… Terán que indagar nos produtos relacionados coa MBG-CSIC e buscar as variedades que están á venda. Tamén lles pedimos que leven para casa algún deses produtos e o incorporen a un prato. A participación é moi fácil, só teñen que rexistrar en fotos ou video todo o proceso e publicalo en redes (twitter, tik-tok ou instagram) co hashtag #biomision. Os videos/fotos máis curiosos, traballados e divertidos terán premio”, explica Pedro Peón Torres, técnico de I+D+i na MBG e promotor da iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *