A recuperación da uva merenzao: unha proxenitora de Mencía na adega máis antiga da Ribeira Sacra

Viñadores do Atlántico impulsa Ponte da Boga co seu proxecto de recuperar unha variedade autóctona e ancestral

Viñedos Ponte da Boga.

En 2007, a adega Ponte da Boga iniciou un proxecto chamado Capricho. O seu obxectivo: dar protagonismo a variedades que permanecían ocultas no esquecemento para emprender a súa recuperación. A paixón e inquietude pola orixe da adega máis antiga da Ribiera Sacra obtivo os seus froitos. Foi así como se rescatou a autóctona e ancestral uva merenzao, na que Ponte da Boga foi pioneira no uso para a súa vinificación como monovarietal.

Caprichos foi elixido para o seu impulso polo proxecto Viñadores do Atlántico, o proxecto de Hijos de Rivera en favor do desenvolvemento sostible e a dinamización económica de zonas vitivinícolas.

De cultivo moi difícil pola súa sensibilidade, a merenzao proporciona viños exquisitamente fragantes con delicadas notas florais e froiteiras

Capricho de Merenzao é o resultado dun gran traballo de recuperación desta variedade autóctona que se considera proxenitora da uva Mencía. De cultivo moi difícil pola súa sensibilidade, proporciona viños exquisitamente fragantes con delicadas notas florais e froiteiras, de pouca intensidade colorante, boa estrutura e con aptitude para o envellecemento.

Elaborado 100% con uva merenzao, Capricho de Merenzao 2017 é un viño de nariz intenso grazas á calidez da anada, que se manifesta cunha nota floral e de froitos vermellos.  Esta anada recibiu múltiples recoñecementos nacionais e internacionais: Ouro na Guía de viños e destilados de Galicia, 92 puntos Peñín, medalla de ouro Decanter ou bronce no International Wine Challenge.

Ponte da Boga está situada ao pé de Castro Caldelas, na contorna do río Edo, afluente do Sil no seu percorrido pola Ribeira Sacra. O seu é un proxecto de orixe e terra, unha posta en valor da tradición, onde a recuperación do patrimonio vitícola, a valorización da contorna e a sustentabilidade son os faros que guían o cultivo e a produción, acompañándoo de investigación e innovación, seguindo prácticas de viticultura responsable.

A adega da D.O.. Ribeira Sacra recupera variedades case desaparecidas e potencia a introdución doutras autóctonas: merenzao, brancellao, sousón e branco lexítimo, poñendo así́ en valor as excepcionais características dos chans da denominación de orixe para o cultivo e elaboración de viños dunha calidade e elegancia ao nivel dos viñedos máis recoñecidos de Europa.

Viñadores do Atlántico enmárcase no Plan de Impacto Positivo de Hijos de Rivera, mediante o cal, a través do traballo conxunto cos seus aliados, a compañía une a protección e o orgullo pola súa orixe e o coidado do planeta coa protección das persoas, reforzando a súa aposta polo impulso das economías e produtos locais de zonas rurais.

Neste sentido, a visibilización de zonas vitivinícolas de enorme riqueza e do labor comprometido levado a cabo polas adegas seleccionadas contribúe ao desenvolvemento sostible e á dinamización económica do medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *