Así é o leite (galego) sen a proteína que provoca molestias dixestivas

Deleite lanza A2, un produto máis dixerible que prescinde da betacaseíana A1

Presentación do novo proxecto de leite A2.

A marca galega Deleite, impulsada por gandeiros galegos, está a lanzar ó mercado o leite A2, un leite natural caracterizado por ser máis dixerible que o convencional, entre outros beneficios, que destaca por conter só proteínas con betacaseína A2. É unha pequena pero significativa diferenza: o convencional presenta unha combinación de dúas betacaseínas, A2 e A1. O que fai especial ó novo produto é a ausencia da A1, que, entre outras cuestións, relaciónase con molestias dixestivas nunha parte da poboación.

Os estudos clínicos comprobaron que as persoas que teñen molestias dixestivas bebendo leite convencional —que son arredor dun 34% da poboación en España (EFSA, 2010)— declaran sentirse mellor bebendo leite A2, cunha dixestión máis confortable. As investigacións demostraron ademais que redúcense nestas persoas a dor abdominal e os gases, en comparación co consumo de leite convencional.

Os beneficios do leite A2 complétanse co seu positivo efecto a nivel inmunolóxico, pois constatouse que o seu consumo reduce os marcadores inflamatorios intestinais, diminúe a presenza do aminoácido BCM-7, que pode ter efectos adversos na saúde, e aumenta a produción natural do antioxidante glutatión.

 O A2 considérase o leite orixinal. Segundo anunciou a marca, as granxas que suministran a Deleite seleccionaron vacas que producen só leite A2, mentres que o resto delas entregan un leite convencional que presenta unha mestura de proteínas con betacaseínas A2 e A1.

Parte dos problemas de intolerancia ó leite que se asocian normalmente á lactosa, un azucre presente no leite, débense en realidade á proteína A1. Para as persoas que certamente non poidan consumir lactosa, Deleite lanza tamén un leite A2 sen lactosa.

De Nova Zelanda a España

O leite A2 comezouse a producir e a elaborar hai anos en Nova Zelanda, desde onde se extendeu a outros países como Estados Unidos, China ou Australia. Esta será a primeira ocasión en que o leite A2 se produce e se comercializa a gran escala en Galicia e no resto de España, constituíndo tamén un fito a nivel europeo, onde só houbo ata o de agora pequenas experiencias.

O novo lazameto é producido de xeito natural polas nosas granxas, que durante os últimos anos seleccionaron vacas que producen leite que contén só a proteína con betacaseína A2. Esta selección dos animais, que se fai cun sinxelo test de ADN, permite garantir que todo o leite comercializado pola marca Deleite é A2.

As granxas que lle entregan a Deleite leite A2 asinaron nos últimos meses contratos a un prezo diferencial, por riba do que se paga polo leite convencional, informou Leite Novo. Deste xeito, a marca galega, impulsada polos propios gandeiros, consolida a súa aposta de pagar no campo prezos xustos que remuneren o traballo das granxas.

Puntos de venda

Nos puntos de venda, Deleite pasa a situarse na liña de prezos das marcas premium —se ben cunha oferta de lanzamento estas primeiras semanas—, en consonancia coa calidade que ofrece, e desenvolverá unha campaña de marketing en toda España para dar a coñecer e posicionar o seu leite A2.

Leite Noso tamén procura na estabilidade das súas granxas proveedoras, pois na última renovación asinou contratos para os próximos tres anos. Esta é a primeira ocasión en que unha marca promove contratos a tan longa duración. Cómpre lembrar que Deleite xa fora pioneira na posta en marcha de contratos anuais coas granxas que, a raíz da aposta da marca galega, xeralizáronse tamén posteriormente entre outras industrias.

Leite Noso está a iniciar estes días en Galicia a comercialización do seu leite A2 e nas próximas semanas extenderá a súa distribución ó resto de España. Coincidindo co lanzamento, a empresa está a extender ademais a súa rede de distribución na comunidade. A maiores dos supermercados de Vegalsa – Eroski, grupo Cuevas (Aquí, Plenus), Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés e tendas tradicionais, onde xa se comercializaba Deleite—, desde agora pode atoparse tamén nos supermercados Froiz e Gadis

Leite Noso é unha sociedade impulsada por gandeiros galegos que naceu co obxectivo de asumir a transformación e comercialización do leite das súas granxas provedoras. A sociedade iniciou no 2016 a comercialización da marca Deleite en diferentes cadeas de distribución e tendas de proximidade de Galicia, realizando tamén unha experiencia a nivel estatal coa marca Muuu por medio dun acordo con Carrefour.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *