Europa facilita a transición verde do sector agroalimentario

O Clúster Alimentario de Galicia, seleccionado nunha iniciativa financiada por Bruxelas

 O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) formará e asesorará aos seus socios coa vista posta na transición do sector cara á economía verde. Farao tras ser seleccionado na iniciativa Cara a unha transición verde da European Cluster Collaboration Platform (ECCP), financiada pola Comisión Europea.

A través deste proxecto, Clusaga accederá a formación e asesoramento sobre oportunidades, ferramentas e tecnoloxías de transición verde. Con estes mecanismos, o Clúster poderá axudar ás empresas asociadas na adopción de prácticas de xestión sustentable na cadea de valor, así como na posta en marcha de proxectos e actuacións colaborativos. Con todo, ademais da formación, o Clúster accederá a documentos de orientación, talleres e seminarios web, o que o capacitará para guiar e acompañar ás compañías socias na súa transición verde e no seu plan de economía circular.

Ao longo destas actividades de asesoramento e asistencia técnica —que terán unha duración máxima de cinco meses— abordaranse, entre outras, as seguintes temáticas: modelos de negocio resilientes, investimentos sustentables, eficiencia enerxética, xestión de residuos, economía circular e innovación sustentable.

Clusaga, un dos catro seleccionados en España

A iniciativa Cara a unha transición verde contou cun total de 70 candidaturas. Da cifra, seleccionáronse 25 clústeres europeos, entre eles, o Clúster Alimentario de Galicia, que se converteu nun dos catro elixidos en toda España.

Este proxecto implica dar un paso máis no eixo Impulso da sostenibilidad e incorporación das empresas á economía circular e a bioeconomía recogidou no Plan Estratéxico de Clusaga e, en concreto, nas accións desenvolvidas pola Comisión de Sustentabilidade e Economía Circular do Clúster.

Sustentabilidade na cadea de valor

Tal é a preocupación e interese del Clúster pola xestión sustentable, que este será, precisamente, un dos temas centrais do Foro Galicia Alimentación que Clusaga celebrará o 30 de xuño na Cidade da Cultura. Ese día, e a través da organización dunha mesa redonda, abordarase a sustentabilidade na cadea de valor dos alimentos. Para iso, contarase cos seguintes expertos: a directora de  r esponsabilidad social corporativa e comunicación de Vegalsa Eroski, Gabriela González, o presidente da Fundación Lonxanet, Antonio García-Allut, o director xeral de Galacteum, Juan Cordonié, e o director de compras de Congalsa, David Comesaña. A actividade estará moderada pola cofundadora e responsable de  innovación e diseño rexenerativo de Alén, Ana Rodríguez.

Clúster Alimentario de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por máis de 100 socios, entre os que se atopan as principais empresas produtoras e transformadoras do sector, así como universidades e centros tecnolóxicos da comunidade. O seu obxectivo é contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable e mellora da competitividade e internacionalización do sector dos alimentos e as bebidas na rexión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *