Fin de ano na casa con estrela Michelin

Rafa Centeno e o equipo do Maruja Limón, que revalidou a súa distinción por décimo ano, ofrecen un menú a domicilio a través da súa submarca Maruja Granuja

Restaurante Maruja Limón, en Vigo.

Os vigueses que queiran gozar dunha cea dun estrela Michelin este fin de ano poderán facelo nas súas casas; iso si, a través dunha versión máis canalla dos pratos clásicos do restaurante Maruja Limón: a submarca Maruja Granuja.

O restaurante vigués ofrece un menú de fin de ano, que se pode reservar xa chamando ao 671121117, con recollida no local e para gozar en casa. Trátase dunha caixa de fin de ano cun custo de 78 euros por persoa, que contén todo o necesario para gozar da última cea do ano: 6 pratos, as 12 uvas da sorte e un cotillón. E por 35 euros máis se pode engadir unha botella de  champagne que a adega francesa Jacques Lassaigne elaborou en exclusiva para  Maruja Granuja.

Os pratos que forman parte do menú de fin de ano son: cremoso de escarapote e torreznos de mar, terrina de foie de pato á laranxa, cabaza e cigala, canelones de nécora e gambón, peza de tenreira estofada e pataca trufada e strudel de vainilla e paixón.

Rafa Centeno.

Rafa Centeno.

Estes tempos convulsos e de cambios fixeron que desde o mes de xuño Rafa Centeo e o seu equipo déranlle ás a unha idea que levaba tempo roldando as súas cabezas, unha marca conectada a Maruja Limón, coa súa esencia pero máis informal, máis cambiante e cun toque canalla e divertido; unha opción para ofrecerlle ao público cando buscan algo máis fresco e dinámico e onde o equipo poida experimentar creando distintos tipos de pratos.

Liña canalla

Durante o verán, esta idea lanzouse en forma de terraza e take away. Os comensais podían gozar dos pratos granujas na terraza do Maruja Limón ou recollelos no local para levalos a casa. E agora, coa chegada do frío e o peche temporal de Maruja Limón, apostouse completamente pola liña máis canalla e os pratos de Maruja Granuja ofrécense en formato take away con servizo a domicilio os xoves e venres noite e os sábados e domingos ao mediodía e pola noite.

Trátase dunha carta dinámica que ofrece versións dalgún dos clásicos de Maruja Limón, como a súa peza de porco glaseada ou pratos totalmente novos como os canelóns estilo thai. Pódese consultar a súa carta e facer o pedido en liña na súa web www.marujagranuja.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *