Un estudo dos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela Jhony Ramírez, Carlos Pajares e Ricardo Rodríguez no Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración con físicos e biólogos da Universidade de Puebla en México, foi destacado na categoría High Light da revista Physical Review E. A publicación abre o seu número de marzo de 2020 con este traballo. Asemade, a Sociedade Americana de Física publica na súa revista Physics un resumo divulgativo do artigo conxuntamente cos seleccionados doutras publicacións
Na investigación estúdase como se pode impedir a propagación da infección do patóxeno Phytophora que ataca diversas plantas e árbores, como chilis, aguacates, patacas, castiñeiros e eucaliptos. Para logralo, calcúlase a densidade mínima de barreiras físicas ou biolóxicas necesarias para impedir a propagación a toda a plantación, tendo en conta a proporción inicial da infección no chan e nas plantas, así como a susceptibilidade de cada especie en cada situación.
As barreiras normalmente usadas son membranas impermeables de polietureno ou gabias con axentes biolóxicos de control. Para o cálculo construíronse algoritmos baseados na teoría de percolación que foi aplicada intensivamente no IGFAE a problemas de Física de Partículas, como a liberación dos quarks e gluons de dentro das partículas elementais que son producidas nas colisións de núcleos pesados.
Deixa unha resposta