O proxecto europeo S3 FOOD fomentará a dixitalización da industria alimentaria

Un total de trece socios, entre os que se atopa a Agrupación Industrial Alimentaria de Galicia, forman parte desta iniciativa na transición cara á industria 4.0

Foto de equipo dos socios do proxecto europeo S3 FOOD

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) forma parte, xunto a doce socios máis procedentes de nove rexións europeas, do proxecto S3 FOOD que ten como obxectivo fomentar a dixitalización da industria alimentaria a través da implantación de sensores intelixentes nos procesos de produción.

Para iso, S3 FOOD presentou o seu plan de financiamento co que as pemes que sexan seleccionadas pobrán recibir unha subvención de ata 60.000€, que lle axude na súa transición cara á industria 4.0.

Este proxecto europeo responde, segundo o seu coordinador, Veerle De Graef, a ”as crecentes demandas de eficiencia de recursos, seguridade e calidade alimentaria e transparencia nas cadeas de valor. Os socios de S3 FOOD poden ofrecer así axuda e financiamento ás pemes que avancen na súa dixitalización para facer fronte a estes retos”.

Criterios para que as pemes galegas accedan ao financiamento de S3 FOOD

As pemes galegas interesadas en acceder ao plan de financión do proxecto S3 FOOD, deberán para iso ser socias da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia e dispoñer dun proxecto de dixitalización que se clasifique nalgunha das seguintes categorías: sensores para vixilancia en tempo real, integración de sensores ou xestión intelixente de datos; e que, ao mesmo tempo, e aborde un reto específico do proceso de produción na industria.

S3 FOOD ofrece ás pemes cheques de ata 60.000€ cada un para avanzar na súa dixitalización. Ademais, se algún proxecto involucra a diferentes socios de S3 FOOD poderá obter ata 180.000€ se cumpre unha serie de condicións e requisitos.

Alcance previsto do proxecto

S3 FOOD pretende mobilizar a 2.000 pemes europeas, das que se prevé que 200 participen en eventos de colaboración ou matchmaking. Financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, este proxecto INNOSUP-01, de tres anos de duración, conta cun orzamento total de 5.038.454 de euros. Polo menos o 75% desta contía destinarase directamente ás pemes en forma de cheques, formación e asesoramento empresarial.

Entres os trece socios do proxecto atópanse tres asociacións españolas, que son: Agrupación industrial de Alimentos de Galicia (Clusaga), Asociación de Industrias de Navarra (AIN) e Asociación de Investigación de Industrias da Carne do Principado de Asturias ( ASINCAR). O resto de socios son: Flanders ‘FOOD -Bélxica-; INNOSKART -Hungría-; AgriFood Capital BV, -Países Baixos-; Bretagne Development Innovation (BDI), -Francia-; Corallia, -Grecia-; Danish Food Clúster -Dinamarca-; DSP Valley -Bélxica-; Food-Processing Initiative -Alemaña-; Cimes, -Francia-; Wagralim, -Bélxica-. A eles, hai que sumar tres entidades vinculadas que son: TERRALIA -Francia-; Campden BRI -Hungría- e o Instituto Tecnolóxico de Galicia -España-.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *