Dieta Atlántica vs Dieta Mediterránea: a galega é máis saudable

Videoblog da nutricionista Amil López sobre os beneficios do réxime alimenticio habitual dos galegos

A nutricionista Amil López inicia a serie de consellos saudables que vai ofrecer na sección Xantar Coherente. Nesta primeira reflexión a doutora en nutrición fala da dieta Atlántica en oposición a dieta Mediterránea que é a que ten máis sona. A dieta Atlántica supón o patrón alimentario de todos os países do arco atlántico: Reino Unido, a Illa de Man, norte de Portugal, e en España serían Galicia, Asturias e Cantabria.

A autora da Dieta Coherente recorda que grazas a dieta Atlántica temos a maior lonxevidade dentro da península ibérica, e incluso que nos leva a ocupar o segundo posto a nivel mundial. Amil López recorda que esta dieta ten moitos beneficios a nivel cardiovascular, e ademais falamos da que menos dióxido de carbono emite á atmosfera.

O patrón alimentario de Galicia fai consumo de proteínas de alto valor biolóxico: algas, peixe, mariscos, legumes…

Na dieta Atlántica facemos consumo de proteínas de alto valor biolóxico: algas, peixe, mariscos, legumes.., e ademais temos maior consumo de cabrito en lugar de cordeiro que o que se consume no resto de España que ten menos graxa saturada. Tamén é moi beneficioso a nivel cardiovascular o caldo de ósos que podemos obter co lacón con grelos, ou no cocido porque teñen uns pectidos que melloran a saúde non só a nivel cardiolóxico, tamén sacian o noso apetito.

En función de todo isto a experta en nutrición conclúe que a dieta Atántica é a máis sostible, cardio saudable, e se con isto non fose xa dabondo, ademáis Amil López asegura que axuda a gozar coa vida social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *