A hostalería xa é universitaria: o Centro Superior de Galicia adscríbese á USC

Xunta e universidade impulsan un novo grao oficial en innovación gastronómica e xestión hoteleira con validez en todo o Estado

Imaxe do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Crear un novo grao no ámbito da innovación gastronómica e a xestión hoteleira é o obxecto do convenio que asinado pola Universidade de Santaigo de Compostela (USC) e o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG). A través deste acordo, o centro convértese nun centro adscrito á Universidade que impartirá este título oficial con validez en todo o territorio do Estado e que se integrará na oferta docente da USC, de acordo coa memoria previamente verificada e unha vez autorizada a súa impartición segundo o procedemento vixente no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

No acto de sinatura, o reitor Antonio López afirmou que o da firma foi “un día grande para este centro que dende 1993 vén acreditando formación de excelencia”. López destacou que dende hai 25 anos a Universidade de Santiago leva colaborando co CSHG e, logo do convenio asinado este luns, asúmses “como un reto poder impartir esta formación de recoñecemento internacional”.

O acordo, continuou o reitor, vai permitir que unha formación contrastada poda levar o selo de formación universitaria e de título oficial, feito que cualificou como “fórmula de éxito” xa que estase “no bo camiño para contribuír á mellora deste sector tan transcendental na nosa comunidade como é o caso do turismo”. López puxo o foco, asemade, en que o novo grao no ámbito da innovación gastronómica e a xestión hoteleira acollerase á modalidade de título dual.

Rueda e López

Rueda e López, na firma do convenio. Foto: La Alacena Roja

Pola súa parte, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, subliñou que o CSHG leva formado xa a máis de 2.500 alumnos e alumnas, “profesionais que están traballando por todo o mundo”. “Temos que estar preparados para o que vai vir e esta firma englóbase nesa preparación que será necesaria para adaptarse aos cambios. Este grao traerá, sobre todo, moita esixencia”, apuntou.

Rueda indicou que un sector turístico de calidade require profesionais ben formados e grazas a esta nova titulación permitiranos mellorar a competitividade do sector. O vicepresidente primeiro resaltou que a aposta pola calidade turística permite a Galicia impulsar un factor de diferenciación como destino turístico, un elemento fundamental nun mercado global e competitivo, onde a gastronomía é un dos grandes atractivos da nosa comunidade, polo que a implantación deste grao de Gastronomía permitirá avanzar tamén no posicionamento galego como destino de turismo enogastronómico.

O novo título que está a dar os seus primeiros pasos comezará a impartirse no curso 2022-2023

A posta en marcha, engadiu, cobra aínda mais importancia neste ano, co Xacobeo como gran escaparate de Galicia para o mundo, cunha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega. No acto, tamén tomou parte Nava Castro Domínguez, directora da Axencia Turismo de Galicia, quen subliñou que o novo grao que está a dar os seus primeiros pasos, comezará a impartirase no curso 2022-2023.

Dende a posta en marcha do centro no ano 1994, sairon grandes profesionais, recoñecidos no mundo e incluso algún con Estrelas Michelín. A apertura deste Centro de Hostelería redefiniu o sector en Galicia. O CSHG conta cunha proxección internacional indudable de onde saíron case 2.500 profesionales que hoxe traballan en establecementos de toda Galicia e de toda España pero también en moitos países do mundo.Todo ese esforzo materializouse no concepto Galicia Calidade, un concepto que engloba todas as experiencias que ofrece a nosa comunidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *