O tostado galego é un dos mellores viños de Europa. Tostado. El vino noble de Galicia é un relato documentado e ameno da súa historia cultural. O autor do presente artigo propón celebrar o Nadal co noso gran viño, máis natural e auténtico que o xerez, málaga e oporto.
O tostado galego é un viño doce que alcanza os quice graos de xeito natural, cando os restantes viños precisan alcohol engadido para alcanzalos.
O lector atopará neste libro un ensaio escrito con amenidade, sobre un produto moi singular, de profundo arraigo na terra, que máis que un viño é unha promesa de pracer. O Tostado galego, elaborado lentamente cos mellores racimos de treixadura, é un viño naturalmente doce, que se obtén por sobremaduración da uva, do mesmo xeito que o Tokay, o seu parente húngaro e o Sauternes francés (pasificada como eles, pero sen recurso á botritis) que conforman, de xeito claro, a terna dos mellores viños de Occidente.
Delicado, amable e á vez rexo (arredor dos 15 grados) constitúe o tipo de elixir que Xulio Camba recomendaba para o acompañamiento da repostaría. Tamén para facer máis grata a conversa da sobremesa, posto que a palabra remollada en bo viño mellora apreciablemente. Trátase aquí do nobre produto que máis felicidade per cápita produciu no país.
O tostado é o gran aristócrata dos viños galegos, o primus inter pares dos caldos máis logrados, que, como toda aristocracia orteguiana xenuina, componse de moi poucos membros. Foi o gran viño dos pazos señoriais, nos que residía a fidalguía galega e tamén dos campesiños viticultores que traballaron a terra gozando dun relativo acomodo. Era o viño reservado para as grandes celebracións e para agasallar aos invitados de nota nos pazos brasonados, nas reitorais dos abades que dispoñían de bos destros e de ben coidados viñedos e tamén nas casas dos colleiteiros acomodados, con ancha facenda e lareiras de boa sillería.
Unha copa cristalina
Se, como din, bailar é soñar cos pés, o soño alado do padal, asociado ao anceio dun estilo de vida marcada polo acougo e a suave dozura, que insinúa o sorriso de alguén que sabe querer, e que nos axuda a toujours recommancer, como quería Paul Verlain, é o que simboliza unha copa cristalina de viño tostado, en cuxo escintileo aromático se condensan con frescor popular cantares galegos de Rosalía, a nosa deusa das pequenas cousas, xa saben, as que se beben e as outras.
Este relato refire a historia dun tesouro porfiadamente agochado, non nunha remota illa perdida no Pacífico, senón no arquipélago politeísta e múltiple conformado de madeira e pedra, de vetustas doas de barrica e adegas de granito telúrico. Xa saben que as cousas importantes agóchanse, non no fondo do vaso, onde Valle-Inclán situaba o segredo do esperpento, senón na dourada superficie dun excelso viño no que se mergulla o beizo na procura dun pracer orixinal.
Velaquí o mosaico dun pequeno universo de modestos pero moi sabios artesáns e ancestrais colleiteiros da terra medieval do Ribeiro.
Deixa unha resposta