Bombas de sementes en forma de kits de autocultivo

Este método foi utilizado hai 70 anos en Xapón para reforestar, agora Resetea levou aos seus clientes este concepto

Iñaki Mielgo é o CEO de Resetea e aquí mostra os kits de sementes en forma de bombas de autocultivo

Resetea converteuse desde hai uns anos nun referente da innovación, desde que recibiron un importante pulo grazas ao apoio do certame VíaGalicia, que seleccionou a Resetea como un dos proxectos finalistas na edición do 2016. Na súa orixe, os proxectos desta firma con sede en Nigrán, tamén foron galardonados no concurso de ideas empresariais innovadoras organizado pola USC. Agora mesmo o seu último boom, son as “bombas de sementes”. Isto vén sendo un puñado de sementes recuberto con abono e arxila, que o que fan é preservar no tempo as sementes e favorecer en gran medida a xerminación das mesmas.

Este método foi desenvolto hai 70 anos polo xaponés Masanobu Fukuoka. Este microbiólogo utilizaba estas bombas de sementes para reforestar grandes superficies de terreo. Subíase a unha avioneta e tiraba arreo destas bombas ao terreo que quería reforestar. “Nós collemos este mesmo concepto e levámolo ás casas dos nosos clientes en forma de kits de autocultivo de diversos formatos e variedades”, explica Iñaki Mielgo (CEO) de Resetea xunto a Cristian Suárez (CCO) e Luis López (CMO). Centraronse en aproveitar as canles de venda que abrirán inicialmente cos seus kits de autocultivo de cogomelos, ofrecendo unha ampla variedade de produtos/cultivos, todos eles adaptados ao sector do agasallo no que “estamos ben posicionados”. Sempre os seus productos manteñen un componente ecolóxico e socialmente responsable.

Estas son as bombas de sementes xa xerminadas

Estas son as bombas de sementes xa xerminadas

Resetea explica como é o sinxelo procedemento para usar estas bombas de sementes con estes pasos:

1. Semisoterrar as bombas.

Recomendan para isto utilizar potes que teñan polo menos 12 centímetros de diámetro. Non se debe arroxar as bombas en hábitats salvaxes ou protexidos, debes respetar a propiedade dos demáis, e ter coidado de non inxerir nin inhalar.

2. Régaa sen enchoupar.

E importante manter a terra húmida constantemente (na medida do posible). Deben regarse todos os días ata que alcancen os 10 centímetros de tamaño, despois cando a terra comece a secarse. E importante non enchoupala.

3. Nuns días xerminará.

As bombas poden tardar varias semanas en xerminar. Unha vez haxan xerminado, necesitarán entre 4 e 6 horas de sol ao día. Os primeiros días non debe darlle o sol directo, necesitan claridade e luz indirecta. Pódense cultivar en interior e exterior, pero necesitan as súas horas de sol.

Teñen bombas de sementes de moitas variedades. Por un lado están as culinarias: prexel, coandro, albáfega, hortelá, ourego, menta, tomate cherry, chile, cóengos, rúcula, amorodos, arandos, amora. E por outra banda temos as hornamentais, as bombas de biodiversidade que vai cada bomba cunha mestura de: variedades do xardín atlántico, do xardín mediterráneo, flores silvestres vermellas, moradas, laranxas, amarelas, etc…
A cor poñenlla a estas bombas de biodiversidade, “facémolo para diferencialas e diferenciarnos e para que sexa máis visual, vistoso e rechamante e así se venda máis”, comenta Iñaki Mielgo que asegura que se venden moito en tendas pero como tamén como agasallo de vodas ou publicitario.

Na comercialización deste produto Resetea inclúe esta opción como detalle dunha voda, cos nomes dos noivos personalizados nos paquetes. No caso do agasallo publicitario para empresas, a cor das bombas, “personalizamos coa cor corporativa aos nosos clientes do sector promocional, que os usan para eventos, para regalar aos clientes, provedores ou empregados”. Para isto traballan con axencias de publicidade que lles levan clientes.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *